Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 10 de febrero de 2017

A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE CONVIDA AOS ESTUDANTES DAS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS A PARTICIPAR NA CAMPAÑA DE DOAZÓN






  • Na primeira fase da campaña de doazón nos centros universitarios galegos, rexistrouse a participación de 2.303 cidadáns
  • O 33% dos estudantes que doaron sangue no primeiro trimestre do presente curso académico eran doadores de primeira vez


A segunda fase da campaña de doazón de sangue nas Universidades galegas comeza esta semana co obxectivo de superar as 4.871 doazóns  rexistradas no pasado curso académico.


Esta campaña de doazón desenvolvida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) abrangue a centros docentes dos sete campus galegos e supuxo, no transcurso da primeira fase desenvolvida no primeiro trimestre do presente ano académico, a participación de 2.303 estudantes, dos cales o 33% (771 doadores e doadoras) eran persoas que doaban sangue por vez primeira.


ADOS valora moi positivamente o número de estudantes que se incorporaron como novos doadores, pero lembra que se está a producir, no transcurso dos últimos anos, un paulatino descenso na participación no eido universitario polo que, nesta segunda fase, convida a todos os estudantes a doar sangue.

CAMPUS
1ª FASE CAMPAÑA DOAZÓN CURSO 2016-2017
(Nº DOAZONS)
A CORUÑA
687
FERROL
78
LUGO
197
SANTIAGO
594
OURENSE
149
PONTEVEDRA
158
VIGO
440
TOTAL
UNIVERSIDADE
2.303


O descenso no volume de alumnado matriculado afecta de xeito ostensible ao número de doazóns recollidas nas campañas de doazón de sangue nos sete campus galegos e xustifica o chamamento á activa participación que está a facer a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, tentando revitalizar a colaboración de todos os membros da comunidade universitaria.
Desenvolvemento
Nesta segunda fase, que abrangue os meses de febreiro a maio, as unidades móbiles de doazón achegaranse aos centros docentes universitarios dos sete campus galegos.


Informarase, por teléfono, correo electrónico, carta ou sms a cada persoa que fixo unha doazón na primeira fase da campaña, do día no que acudimos ao seu centro. Ademais, en todas as facultades e escolas universitarias, impartiranse charlas informativas, levarase a cabo unha distribución de material informativo (folletos, follas de información sobre as condicións necesarias para doar, carteis,...), e colocaranse  paneis  informativos portátiles.


Súmate á doazón
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue convida a toda a comunidade universitaria a participar e sumarse a esta solidaria campaña, xa que moitas persoas dependen dos compoñentes sanguíneos que obtemos das doazóns de sangue para resolver graves problemas de saúde e, mesmo, salvar a vida.

ADOS lembra que para que os hospitais galegos podan levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial, é preciso obter cada día preto de 500 doazóns de sangue, polo que, nesta oportunidade, apela directamente á solidariedade dos alumnos, profesores e persoal de administración e servizos das tres universidades galegas e convídalles a participar activamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario