Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 16 de febrero de 2017

A XUNTA LICITA AS OBRAS DE REFORZO DO FIRME EN VARIAS TREITOS DE ESTRADAS DE BARRO



§  Como son obras de rehabilitación de firme, non son necesarias expropiacións nin se afecta a ningún servizo que non sexa a propia circulación do tráfico, que estará debidamente sinalizado
§  A través do Plan de reforzos de firme, a Consellería de Infraestruturas mellorará case 700 quilómetros de estradas de titularidade autonómica

 A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de rehabilitación de firme en treitos localizados de estradas na provincia de Pontevedra, co fin de incrementar a seguridade viaria. Esta actuación ten un prazo de execución de 3 meses e contan cun orzamento de case 850.000 euros.

Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/xDkQvC.

Estes traballos que se licitan iniciaranse este verán e teñen como obxectivo a mellora destas vías, para acadar unha condución máis cómoda e segura. Así mesmo, estas tarefas permiten prolongar a vida útil do pavimento das estradas.

Na estrada PO-531 están previstas as actuacións principais, cun orzamento que ascende a case 630.000 € e botarase unha nova capa rodadura dende o Pq. 1+520 (glorieta na intersección de acceso ao polígono industrial, no Concello de Pontevedra) ao 7+700 (preto da ITV do polígono de Sequeiros, no Concello de Barro); neste punto iníciase a obra licitada pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) de mellora da seguridade viaria na contorna do acceso ao polígono de Sequeiros.

Tamén se traballará entre o punto quilométrico 11+800 (enlace de Curro) ao 18+750 (San Simón), nos concellos de Meis e Vilanova de Arousa.

No caso da vía PO-226 levaranse a cabo reparacións puntuais a longo de toda a estrada, de 12,15 quilómetros (concellos de Cuntis, Moraña e Barro); ademais dos treitos: 1+000 a 1+740, 2+640 a 4+560, 6+190 a 6+680, 7+540 a 9+150, 9+660 a 11+040. Nesta estrada investiranse algo mais de 140.000 €.

Finalmente, na PO-308 executaranse arranxos nos seguintes tramos: 3+500 a 5+300, 6+260 a 8+240, 8+940 a 10+290, 11+200 a 15+400 (concellos de Poio e Sanxenxo). Ademais, o proxecto prevé o repintado das seguintes estradas autonómicas:

            - VG-4.1 Sanxenxo (AG-41) - A Lanzada (PO-550)
            - VG-4.7 Carril (PO-548) - Baión (N-640) (Variante de Vilagarcía de Arousa)
            - PO-225 Alba (N-550) - San Caetano (PO-531)
            - PO-309 Poio Sur (PO-308) - AP-9
            - PO-310 Poio (PO-308) - Campañó (PO-531)

Plan de Reforzos de Firme
Estas actuacións forman parte do Plan de reforzos de firme co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda mellorará case 700 quilómetros de estradas de titularidade autonómica.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

A Consellería de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias.


No hay comentarios:

Publicar un comentario