Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 3 de febrero de 2017

A XUNTA PROMOVE UN NOVO CONCURSO DE SOLO EMPRESARIAL CON BONIFICACIÓNS DE ENTRE O 30 E O 50%






§         A empresa pública Xestur ofrece 1,4 millóns de metros cadrados  desde 12.5 euros o metro
§         Preto da metade do solo ofertado ten prezos por debaixo de 50 euros o metro cadrado, unha vez aplicada a bonificación

A Xunta, a través da empresa pública Xestur, vén de convocar un novo concurso de solo empresarial a prezo bonificado que ofertará unha superficie total de 1.4 millóns de metros cadrados. Os interesados poderán presentar ofertas de adquisición deste solo ata o 18 de marzo.

Neste proceso de venda de solo bonificado, que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda propón a comezos de cada ano, ofrecésense un total de 441 parcelas de solo empresarial cunha superficie total de 1.409.500,99 metros cadrados e bonificacións sobre o prezo de venda do 30 ou 50 por cento, segundo os parques empresariais.

·        Bonificación do 50%: parques de Xinzo de Limia, Pereiro de Aguiar, Central de Transportes, Vilamarín, Ortigueira, Cedeira, Carballo, Barreiros, Cervo, Foz, As Gándaras, Guitiriz, Muimenta, Viveiro e Arbo.

·        Bonificación do 30%: parques de Arzúa, Melide, Ordes, Boiro, Sigüeiro, Santa Comba, Negreira, Silleda, Lalín, A Sionlla, Reigosa, Mos e Morás

O Goberno galego ofrece solo en compravenda a partir de 12,50 euros por m2. O 24 % das parcelas incluídas no concurso teñen prezos por debaixo dos 35 euros o m2, unha vez aplicada a bonificación, e outro 23 por cento sitúase por debaixo dos 50 euros por m2.

Unha vez rematado o concurso de compravenda, as parcelas non adxudicadas poderanse vender directamente, nas mesmas condicións, prezo e bonificación que as fixadas para o concurso. Os adquirentes de solo empresarial bonificado quedan obrigados a construír as súas instalacións e obter a licenza de actividade no prazo máximo de tres anos dende a sinatura da escritura de compravenda.

Dende que en 2015 puxo en marcha o programa de bonificacións de solo empresarial, a Xunta de Galicia leva adxudicados preto de 730 metros cadrados de solo empresarial, o que supera en preto do 20 por cento o vendido conxuntamente nos anos 2007 e 2008 en que se adxudicaron 607.000 metros cadrados en total.

Actualmente, 24 das empresas que adquiriron solo bonificado xa teñen rematada a construción das súas instalacións nas parcelas adquiridas e outras 31 están en proceso de edificación. Un total de 170 empresas adquirentes de solo bonificado están realizando actuacións previas á súa implantación: redacción de proxectos, obtención de licencias de construción ou construción de instalacións, incluídas as que xa están operando nas parcelas mercadas.

Ademais da adxudicación en compravenda, o IGVS e Xestur adxudican solo empresarial en dereito de superficie, polo que as empresas adxudicatarias pagan un canon anual moi reducido: 1,5% do prezo da parcela os dous primeiros anos, 2,5% o terceiro e cuarto ano e 3,5% a partir do quinto ano. Isto significa que en Galicia hai solo empresarial dispoñible dende 0,38 euros por metro cadrado e ano.

Resulta evidente que cos prezos de venda e de dereito de superficie do solo empresarial que ofrece a Xunta o custe do mesmo non é motivo suficiente para a deslocalización de empresas galegas.

SOLO INCLUÍDO NO CONCURSO DE VENDA CONVOCADO POR XESTUR
PARQUE EMPRESARIAL
NÚMERO DE PARCELAS
SUPERFICIE TOTAL m2
PREZO POR METRO CADRADO DENDE €
A Sionlla
(Santiago de Compostela)
98
407.343,50
80,50
Negreira
8
15.585,00
34,50
Santa Comba
1
1.910,00
36,40
Sigüeiro (Oroso)
1
3.279,00
49,00
Boiro
1
2.831,00
56,70
Ordes
2
8.945,00
20,50
Melide
5
10.971,00
42,00
Arzúa
2
5.083,00
42,00
Carballo
81
219.047,00
30,56
Cedeira
36
38.677,00
34,17
Ortigueira
46
54.471,00
27,00
Viveiro
19
44.501,76
35,00
Muimenta (Cospeito)
1
2.704,00
12,50
Guitiriz
1
4.834,00
22,50
As Gándaras (Lugo)
22
142.721,00
47,50
Foz
2
6.120,00
27,62
Cervo
16
29.388,17
20,00
Barreiros
8
10.398,00
25,00
Central de Transportes de San Cibrao das Viñas
4
40.187,60
34,52
Vilamarín
13
20.220,41
33,12
Pereiro de Aguiar
16
23.065,02
40,00
Mos
22
148.776,00
98,72
A Reigosa (Ponte Caldelas)
13
128.905,67
55,28
Lalín
3
8.555,00
63,00
Silleda
4
12.974,66
44
Arbo
16
18.007,20
30
TOTAL
441
1.409.500,99

No hay comentarios:

Publicar un comentario