CORES TOURÍS ANALIZA COA SECRETARIA XERAL PARA O DEPORTE O ESTADO DO TECIDO DEPORTIVO DE PONTEVEDRA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 20 de febrero de 2017

CORES TOURÍS ANALIZA COA SECRETARIA XERAL PARA O DEPORTE O ESTADO DO TECIDO DEPORTIVO DE PONTEVEDRA





O delegado territorial da Xunta e Marta Míguez estudaron as actuacións prioritarias e o estado das diferentes liñas de axudas para clubes deportivos e patrocinios

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá no seu despacho, no edificio administrativo de Campolongo, unha reunión que serviu de primeira toma de contacto coa nova secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, e na que se analizou o estado do tecido deportivo da provincia.

No encontro estiveron acompañados por Daniel Benavides, xefe do Servizo de Deportes da Delegación Territorial de Pontevedra. Sobre a mesa puxéronse as prioridades de actuacións durante os próximos meses, tanto a nivel deportivo como de infraestruturas. “Non podemos esquecer que estamos a falar da provincia que conta co maior volume deportivo de toda Galicia, o 43%”, matizou Cores Tourís.

Ademais, tamén analizaron o estado das convocatorias das diferentes liñas de axudas e a súa tramitación actual, tanto para clubes deportivos de base como dos contratos de patrocinio da Fundación Deporte Galego.

O mesmo tempo, no reunión tamén realizouse un análise das diferentes obras realizadas tanto nos concellos da provincia como nas instalacións propias da Secretaria Xeral para o Deporte, incidindo nas levadas a cabo nos últimos anos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, que supuxeron unha considerable mellora cara a súa posta en funcionamento ao servizo dos deportistas, tanto residentes como usuarios destas instalacións. Ademais, tamén se analizaron as solicitudes pendentes en relación a infraestruturas deportivas dos municipios pontevedreses.


No hay comentarios:

Publicar un comentario