Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 21 de febrero de 2017

Donald Trump inspira ás murgas de Pontevedra



As comparsas preparan as letras das súas 'chirigotas'. As eleccións en EE UU, as portas xiratorias, o prezo da enerxía, a corrupción ou a actualidade local centran as cancións deste ano

Os do Val do Lérez

No bar O Burato do Grilo, en Curro (Barro), ensaian cada luns e cada xoves os membros da murga Os do Val do Lérez. "Ao certame imos sempre a pasalo ben, pero temos un obxectivo: chegar á final. Por iso o damos todo na semifinal", declaran os integrantes desta murga.

Os cantores deste grupo de ‘chirigotas’ suman 13, pero non son supersticiosos. De feito, o ano pasado levaron a medalla de prata ao quedar no segundo posto na final do concurso, polo que o número non lles ten dado mala sorte. Nesta ocasión, adiantan que haberá cambios con respecto ao seu vestiario. "Normalmente levamos pouca roupa nas actuacións, a xente que nos coñece sábeo, e desta vez iremos máis vestidos", explica Joni Güimil, integrante da murga, que se amosa remiso a dar máis detalles sobre o espectáculo.

Nas letras de Os do Val do Lérez repasaranse temas relacionados coa política nacional e local, sen esquecer a Donald Trump. "Ese non podía faltar, é case obrigado metelo", explican. Pero os integrantes desta murga aínda non teñen pechado o seu repertorio. Levan ensaiando dende mediados do mes de xaneiro e aínda teñen que rematar varios temas para o festival. "É mellor agardar ata o final por se pasa algo na política, para poder incorporalo ás cancións", explica Güimil.

A murga Os do Val do Lérez xa ten experiencia neste certame. Leva participando no mesmo once anos e os seus membros pensan seguir facéndoo. "Pasámolo moi ben nos ensaios e logo na actuación, xa non só polo premio, senón por ver que á xente lle gusta e conecta con nós", contan
http://diariodepontevedra.galiciae.com/noticia/663085/donald-trump-inspira-murgas-de-pontevedra

No hay comentarios:

Publicar un comentario