Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 21 de febrero de 2017

TURISMO DE GALICIA DESTACA QUE O DECRETO QUE REGULARÁ AS VIVENDAS DE USO TURÍSTICO ENRIQUECERÁ A OFERTA DE ALOXAMENTO DE GALICIA



Turismo de Galicia celebrou hoxe en Sanxenxo (Pontevedra) e Celeiro (Lugo) dúas xornadas informativas sobre o novo decreto que entrará en vigor o 10 de maio
A nova regulación ofrecerá un marco de seguridade xurídica tanto aos particulares e a todo o sector turístico como aos usuarios
Os únicos requisitos que establece a nova norma é a inscrición no Rexistro de Actividades Turísticas (REAT) e que sexa unha vivenda legal e lista para habitar
Deste xeito, o decreto galego é o menos restritivo en comparación coas outras comunidades autónomas de España
Trátase dunha normativa moi demandada tanto desde o sector hoteleiro como do sector de aluguer de vivendas de uso turístico, as administracións, consumidores e usuarios

Turismo de Galicia celebrou hoxe en Celeiro (Lugo) e Sanxenxo (Pontevedra) dúas xornadas informativas sobre o novo decreto que regulará as vivendas de uso turístico en Galicia.

Durante os encontros explicáronse os aspectos fundamentais da nova norma que define as vivendas de uso turístico como aquelas cedidas a terceiras persoas de xeito reiterado –dúas ou máis veces ao ano- e a cambio de contraprestación económica, para unha estadía de curta duración –inferior a trinta días consecutivos- e amobladas e equipadas en condicións de inmediata dispoñibilidade.

A Xunta cumpre, así, unha demanda tanto do sector hoteleiro como do sector de aluguer de vivendas de uso turístico, as administracións, consumidores e usuarios.

Turismo de Galicia destacou que o novo decreto, que entrará en vigor o 10 de maio, impulsará o rexistro de numerosas vivendas de uso turístico en Galicia enriquecendo a oferta de aloxamento turístico da nosa comunidade.

Así mesmo, a súa regulación ofrecerá un marco de seguridade xurídica tanto aos particulares e o sector turístico como aos usuarios.

Para a regulación deste novo tipo de aloxamento, a Xunta optou por un modelo flexible e de moi sinxela aplicación, sendo o decreto galego o menos restritivo en comparación coas outras comunidades autónomas de España.

Os únicos requisitos que establece a nova norma é a inscrición no Rexistro de Actividades Turísticas (REAT) e que sexa unha vivenda legal e lista para habitar. Turismo de Galicia, explicou que, desta maneira, as únicas vivendas que poden quedar fóra da regulación son exclusivamente as ilegais.

Decreto consensuado
O decreto foi tramitado de acordo co procedemento legalmente establecido que inclúe dar audiencia e participación aos interesados.

Así, durante a súa tramitación, o decreto foi remitido para alegacións a todas as asociacións de hospedaxe así como á federación de ámbito nacional Fevitur, que inclúe asociacións coma Aviturga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario