Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 16 de marzo de 2017

A XUNTA RENOVA A COLABORACIÓN CO GOBERNO CENTRAL POLA SEGURIDADE VIARIA COA ENTREGA DE 1.000 CHALECOS REFECTANTES MÁIS PARA PREVIR ATROPELOS





A conselleira de Infraestruturas e Vivenda e o delegado do Goberno hoxe presentaron na Coruña unha nova campaña de reparto de chalecos reflectantes


  • A medida porase en marcha coincidindo co cambio de hora e a mellora do tempo, que incrementa o número de camiñantes nas estradas
  • A Dirección Xeral de Tráfico fará entrega dos chalecos aos viandantes que circulen sen protección nas vías interurbanas
  • Salientan que o perfil medio de vítima de atropelo en Galicia é unha persoa maior, que viste prendas escuras e que se move polas estrada sen levar elementos que o fagan visible
  • Ethel Vázquez destaca outras campañas postas en marcha pola Xunta para a concienciación entre peóns, ciclistas e maiores, co reparto de elementos reflectantes para entre nenos e ciclistas para a súa protección
A Xunta e o Goberno do Estado renovan a súa colaboración a prol da seguridade viaria, coa entrega por parte da Administración autonómica de 1.000 novos chalecos reflectantes para previr atropelos. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o delegado do Goberno en Galicia presentaron hoxe a iniciativa, que dá continuidade á iniciada o pasado ano, e que permitirá que a Dirección Xeral de Tráfico entregue os chalecos reflectantes aos viandantes que transiten sen protección polas vías interurbanas, prevendo tamén a celebración de xornadas informativas sobre a importancia do seu uso.


A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, explicaron que esta é unha iniciativa que se enmarca na Estratexia de Seguridade Viaria 2011-2020 da DXT e que está na liña dos obxectivos que nos temos marcado na Xunta co Plan de Seguridade Viaria 2016-2020. Neste acto tamén participaron a coordinadora da DGT en Galicia, Victoria Gómez, e o xefe do sector de Tráfico da Garda Civil na comunidade, o tenente coronel Francisco Javier Molano.


A conselleira resaltou que desde o Goberno galego se están a centrar os esforzos nos elementos que son clave á hora de previr accidentes de tráfico: o bo estado das infraestruturas e o factor humano, cunha aposta decidida pola concienciación.


Esta campaña ten como destinatarios prioritarios as persoas maiores, porque o perfil dunha vítima de atropelo en Galicia responde ao dunha persoa maior de 65 anos que viste prendas escuras e que se move pola estrada sen levar elementos que o fagan visible.

Ethel Vázquez subliñou que se trata de concienciar de que hai que extremar as precaucións, evitar condutas imprudentes que poidan levar a consecuencias dramáticas e non se pode esquecer que, á hora de transmitir estes riscos e educar en condutas responsables e seguras, cobra un especial protagonismo o entorno familiar, do maior ou do neno.

Ambas autoridades indicaron que haberá que ampliar esforzos xa que, proximamente cambiarase á hora, co que se incrementan os paseos polo que se busca minimizar os riscos dos viandantes.

‘O corazón está do teu lado’
Ethel Vázquez destacou que o Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 recolle, “como outra das actuacións máis salientables, campañas de concienciación e sensibilización entre nenos e maiores, onde sobre sae a campaña divulgativa ‘O corazón está do teu lado’, dirixida a nenos de 6 a 8 anos, que levamos a cabo nos colexios galegos para educar aos máis novos en condutas axeitadas para incrementar a seguridade viaria”.

Para este programa, repartíronse dispositivos en forma de corazón para chamar a atención dos nenos sobre a importancia de que empreguen as sendas peonís; de que camiñen sempre pola marxe esquerda da estrada; e de que se dean a ver o máximo posible aos vehículos que circulan pola vía para evitar posibles accidentes”.

Desde o Executivo autonómico tamén se promoven campañas de concienciación entre peóns, ciclistas e maiores, co reparto de elementos reflectantes para a súa protección, exemplo disto foi o reparto de cortaventos reflectantes para a Federación Galega de Ciclismo, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico.

Así mesmo, outra das 49 medidas e actuacións concretas que se inclúen no Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 é o Plan de Reforzos de Firme, destinado a garantir a conservación e as boas condicións nas estradas de titularidade da Xunta, unha iniciativa que arrancou o pasado ano, para mellorar máis de 600 quilómetros da rede autonómica de estradas e que neste exercicio continuamos desenvolvendo o plan, cun investimento que rolda os 16 millóns de euros que nos permitirá actuar en 700 novos quilómetros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario