Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 12 de abril de 2017

A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE SUBLIÑA A NECESIDADE DE DOAR DE CARA AOS FESTIVOS DE SEMANA SANTA



 §  No transcurso das xornadas previas aos festivos, as unidades móbiles de ADOS visitan ao redor de corenta concellos na procura da colaboración dos cidadáns

§  Os hospitais galegos precisan diariamente 500 doazóns de sangue e, neste momento, os grupos sanguíneos máis demandados son A Negativo e Cero Negativo

 Facilitar o acceso dos cidadáns á doazón de sangue é o principal obxectivo da campaña de doazón en Semana Santa que promove a Consellería de Sanidade, por medio da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). As dez unidades móbiles de ADOS visitarán nas xornadas previas aos festivos de Semana Santa, ao redor de 40 concellos para acadar unha media de 500 doazóns diarias, as precisas para garantir o axeitado desenvolvemento do labor asistencial dos nosos centros sanitarios.

As necesidades de compoñentes sanguíneos non diminúen neste período vacacional polo que é necesario manter estable o volume de doazóns de sangue, nun período no que se rexistra unha maior deslocalización dos doadores e doadoras habituais.

Doazóns diarias
Durante a campaña de doazón en Semana Santa do presente ano, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue tenta acadar unhas 3.000 doazóns de sangue, cifra que permitirá desenvolver unha media diaria de 500 intervencións cirúrxicas, atender 3.000 urxencias e realizar 3 transplantes de órganos e tecidos.

Neste intre, o chamamento a participación é xeneralizado e precísanse doazóns de todos os grupos sanguíneos, moi especialmente dos grupos A Negativo e Cero Negativo, este último é o popularmente coñecido como doador universal. ADOS agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles que efectuarán as seguintes visitas:

DATA
CONCELLOS
Martes 11 de abril
Bº Monte Alto (A Coruña), Carnota, Narón, Ordes, Ribeira, Monforte, Rúa do Paseo, O Grove, Salvaterra de Miño e Rúa Príncipe (Vigo)
Mércores 12 de abril
As Pontes, Zona Cuatro Caminos (A Coruña), Boiro, Culleredo, Ribeira, Vilalba, Verín, Salvaterra de Miño, Tui e Vilanova de Arousa
Sábado 15 de abril
Boiro, Cariño, Camariñas, Verín e Tui

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.


LUGAR
HORARIO
AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE (Santiago)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)
Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón da páxina web: ados.sergas.es, ás páxinas de ADOS en redes sociais e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

No hay comentarios:

Publicar un comentario