Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 2 de abril de 2017

ADOS, ADROVI E A IRMANDADE DE DOADORES DE SANGUE CONMEMORAN EN PONTEVEDRA O DÍA NACIONAL DO TRANSPLANTE





  • Os hospitais do Servizo Galego de Saúde realizaron no pasado ano 2016 un total de 299 transplantes de órganos

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Asociación de Doadores e Receptores de Órganos de Vigo (Adrovi), en colaboración coa Irmandade de Doadores de Sangue de Vigo conmemoraron o mércores 29 de marzo, o Día Nacional do Transplante, nun acto especial que se desenvolve en Pontevedra. As institucións presentes coinciden en salientar que, grazas aos cidadáns que doan sangue e órganos durante 2016, foi posible realizar en Galicia 299 transplantes de órganos.

Co gallo desta data conmemorativa, ADOS, Adrovi e a Irmandade de Doadores de Sangue desenvolveron , das 09:30 ás 14:00 horas, unha campaña especial consistente na ubicación dunha mesa informativa a carón da unidade móbil de doazón de sangue, que visita a pontevedresa Praza da Herrería. Os cidadáns que desexen doar sangue poderán facelo na unidade móbil, en horario das 09.30 ás 14.30 horas e das 15.30 ás 21.00 horas, e disporán de información sobre a doazón de órganos.

Merecido recoñecemento
Esta xornada tenta amosar o recoñecemento social a todas as persoas que teñen doado os seus órganos e aos profesionais que posibilitan os programas de transplantes que se desenvolven na actualidade e que teñen situado a España como referente a nivel internacional, por ser o país do mundo con maior índice de actividade transplantatoria.

Así mesmo, Adrovi e a Irmandade de Doadores de Sangue quixeron agasallar a todas as persoas que acudiron a doar sangue na cidade de Pontevedra entre as xornadas do martes 21 e do sábado 25 de marzo, sorteando diversos obsequios entre todos os doadores e doadoras e que serán entregados hoxe no acto de conmemoración do Día Nacional do Transplante.

Tanto ADOS como Adrovi e a Irmandade de Doadores e Sangue, coinciden en salientar a necesidade de impulsar iniciativas conxuntas que conciencien á sociedade da importancia de incrementar as actuais taxas de doazón, tanto de órganos coma de sangue, xa que ambos tipos de doazón son imprescindibles para posibilitar a intensa actividade transplantatoria que desenvolven os nosos centros sanitarios.

Por último, convidan a todos os veciños e veciñas de Pontevedra, a continuar amosando o seu carácter solidario e xeneroso, ben doando sangue, ben converténdose en doadores de órganos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario