Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 9 de mayo de 2017

O MILDEU SEGUE A SER O PRINCIPAL RISCO PARA VIÑA E HORTA NESTA SEMANA



Os técnicos da Estación Fitopatolóxica sinalan distintas recomendacións segundo a situación das parcelas para evitar que as precipitacións e o incremento das temperaturas nocturnas expandan esta enfermidade

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), dependente da Deputación de Pontevedra, indica que as condicións metereolóxicas anunciadas para a vindeira semana incrementarán o risco de infeccións por mildeu na viña e sinalan distintas recomendacións segundo a situación das parcelas. Así, para as parcelas que aínda están protexidas por un tratamento anterior só aconsellan vixiar o estado das plantas despois das choivas de hoxe, e non renovalo se non se observan novos síntomas. Para as parcelas que non están protexidas e que ademais se atopan en localizacións abrigadas ou que son especialmente sensibles, recomendan tratar o antes posible despois das choivas de hoxe. Neste caso, incluso indican que ao tempo que se aplica o tratamento contra o mildeu se pode incluír un tratamento contra o oídio. Por último para as parcelas non protexidas pero limpas de síntomas, aconsellan renovar o tratamento antes do período de precipitacións anunciado a partires do martes.

Os técnicos de Areeiro fan estas recomendacións tendo en conta que xa na noite do xoves para o venres desta semana houbo condicións para a infección secundaria por mildeu na viña, e que as previsións anuncian un período de choivas con temperaturas nocturnas altas a partires do vindeiro martes e que se espera que se prolonguen polo menos ata o domingo. Desde a EFA tamén indican que estas recomendacións se basean en que as precipitacións da fin de semana pasada non estiveron acompañadas de altas temperaturas o que finalmente fixo que non se elevara o risco de infección durante a semana pasada. 

Areeiro tamén advirte no aviso fitosanitario desta semana que as choivas, tanto as de hoxe como as previstas a partires de martes, incrementarán o risco de infección por mildeu tanto na pataca como noutras plantas de horta, polo que recomendan aplicar un tratamento tamén nestes cultivos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario