Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 3 de junio de 2017

A PRIMEIRA FASE DO NOVO PLAN DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA PERMITIRÁ DUPLICAR O NÚMERO DE PARADAS DE AUTOBÚS A DISPOSICIÓN DOS VECIÑOS, CHEGANDO ATA 1.200




A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, informou hoxe sobre os novos contratos de transporte na provincia, que garantirán a continuidade de todos os servizos actuais e os reforzan na maioría dos casos

§  Vázquez Mourelle explica que se integrará o 6% do transporte escolar no de uso xeral, o que posibilita que os escolares teñen blindada a atención ás súas necesidades e a mellora do servizo ao ter o acompañante garantido
§  Subliña que esta integración tamén beneficia aos empresarios, que teñen uns ingresos mínimos garantidos sen necesidade de que nin Administración nin os usuarios teñan que gastar máis
§  Precisa que cos novos contratos, nas zonas de implantación desta primeira fase do Plan, increméntanse en máis dun 10% os km. que percorrerán os autobuses do servizo xeral, superando amplamente os 4.500.000 km/ano
§  A Xunta comezou esta semana a información pública de 42 contratos de transporte, 10 en Pontevedra, colgados na web da consellería para presentar alegacións e que as empresas mostren interese por ser prestatarias de servizos
§  Establécese unha tarifa comarcal de 1,40 euros para os viaxeiros  do transporte regular e garántese o equilibrio económico dos contratos
§  O obxectivo deste plan é racionalizar a oferta, de forma que no lugar e momento en que faga falta, haxa un vehículo para prestar o servizo, aproveitando as sinerxías que ofrece o transporte escolar  no rural

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís,  salientou hoxe nunha rolda de prensa que a primeira fase do novo Plan de Transporte Público de Galicia permitirá duplicar o número de paradas de autobús nas zonas implicadas neste inicio da reordenación na provincia pontevedresa, dispoñendo dunhas 1.200 nos oito contratos zonais.

Vázquez Mourelle explicou que nesta primeira fase integrarase o 6% do transporte escolar no de uso xeral, o que posibilita que os escolares teñen blindada a atención ás súas necesidades e a mellora do servizo ao ter o acompañante garantido.

Subliñou que esta integración tamén beneficia aos empresarios, que teñen uns ingresos mínimos garantidos sen necesidade de que nin Administración nin os usuarios teñan que gastar máis. Neste sentido, precisou que cos novos contratos, nas zonas de implantación desta primeira fase do Plan de Transporte Público increméntanse en máis dun 10% os km. que percorrerán os autobuses do servizo xeral, superando amplamente os 4.500.000 km/ano.

Novos contratos
A Xunta comezou esta semana a información pública dos novos 42 contratos de explotación do transporte en Galicia, dos que 10 se corresponden coa provincia de Pontevedra. Estes documentos están colgados na páxina web da consellería para que nos vindeiros días calquera persoa poida presentar as achegas que consideren oportunas e as empresas de transporte mostren o seu interese por ser as prestatarias do servizo. No seguinte enlace pódese ampliar a información: http://civ.xunta.gal/tema/c/CIV_Transporte_de_viaxeiros

A titular de Infraestruturas salientou que unha vez rematado este proceso estudaranse as alegacións para, ao longo do mes de xuño, aprobar os proxectos definitivos e iniciar a súa contratación de cara a que en agosto se comece a implantación dos novos servizos.

Nestes contratos establécese que para unha zona territorial de Galicia concreta, cómpre definir as liñas, rutas, horarios e paradas ás que estará obrigado o contratista. Defínense aquí xa os transportes escolares que se integrarán no transporte xeral, priorizando a prestación do adecuado servizo aos centros escolares. Isto empezará a ser efectivo co  inicio do curso e con sistemas para que funcione fóra do período lectivo mediante unha reserva do servizo.

Tamén se especifican o número de vehículos necesarios para levar a cabo a concesión, establecendo unha media de 13 autobuses por contrato para adecualos á realidade do sector, moi atomizado con pequenas e medianas empresas de transportes. Deste xeito, resultará doado que case calquera empresa, en solitario ou en UTE con outra, teña capacidade para optar a eles.

Os anteproxectos recollen tamén as tarifas base que se resumen nun prezo por billete de transporte escolar que pagará a Administración directamente ao transportista e un prezo por billete para usuario non escolar que pode ser, en función dos km, e unha tarifa única para toda Galicia de 1,40 euros para os viaxeiros de curto percorrido.

Aproveitar sinerxías
O obxectivo fundamental do Plan é que o transporte chegue ata onde non chegaba, aproveitando as sinerxías, para mellorar servizos e coordinar horarios entre autobuses e coas necesidades veciñais e ter unha especial consideración cos veciños do rural.

Estes contratos inician o necesario proceso de modernización e optimización do transporte público iniciando, nalgúns lugares, un aproveitamento dos asentos baleiros dos autobuses escolares e que xa, nesta primeira fase, configurará unha mellora palpable en moitos concellos de Galicia, especialmente no rural.

Con este nova plan preténdese garantir os servizos; racionalizar a oferta, de forma que no lugar e no momento en que estea acreditado que fai falta, haxa o tipo de vehículo necesario para prestar o servizo de transporte público; e aproveitar as sinerxías, especialmente as que ofrece o transporte escolar  no rural. 

Traballo exhaustivo e participado
A conselleira explicou que no marco desta primeira fase, a Xunta dividiu o territorio en seis zonas e adxudicou seis contratos a consultoras especialistas na materia que realizaron un exhaustivo análise da realidade do transporte público en cada municipio, tomando nota das demandas e das carencias.

Configurouse tamén un panel de expertos en transportes, que veñen realizando un labor de coordinación dos diferentes estudos de xeito que en ningún momento se perda a perspectiva global. Ademais mantivéronse reunións con todos os concellos e enviáronselle 279 enquisas, con169 respondidas.

Ethel Vázquez puxo o acento no nivel de exhaustividade deste traballo de estudo e planificación concentrado en tan curto período de tempo. Precisou que para avaliar estes anteproxectos foi preciso achegarse a practicamente 200 concellos para analizar o transporte que hai na actualidade, o que se necesita e o mellor xeito de atender esas necesidades, tendo en conta factores tan dispares como o día de feira, de subministro do sintrom no centro de saúde ou a ubicación do concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario