Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 27 de junio de 2017

A XUNTA ABRIRÁ EXPEDIENTES INFORMATIVOS ANTE O ELEVADO INCUMPRIMENTO DOS SERVIZOS MÍNIMOS NA FOLGA DE TRANSPORTE, CON MILES DE ALUMNOS E FAMILIAS AFECTADOS




A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantiveron hoxe un encontro para analizar a incidencia da folga do transporte público


§  Vázquez Mourelle desminte que o novo Plan supoña a redución de 1.000 empregos, xa que esta iniciativa blinda os traballos no sector, que incluso se incrementarán ao aumentar o número de coidadores para velar pola seguridade dos escolares
§  O conselleiro de Educación, Román Rodríguez,  lamenta que o incumprimento dos servizos mínimos impida o dereito dos alumnos a acudir aos seus centros escolares e obstaculice a conciliación familiar
§  Román Rodríguez fai un chamamento á responsabilidade que faga compatible o exercicio lexítimo da folga co cumprimento dos servizos mínimos e o respecto aos dereitos do conxunto da cidadanía

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, xunto cos secretarios xerais técnicos das respectivas consellerías, Joaquín Macho e Jesús Oitavén, e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantiveron un encontro para analizar a incidencia da folga do transporte público, no que acordaron a apertura de expedientes informativos ante o elevado incumprimento dos servizos mínimos, con miles de alumnos e familias afectados. O Goberno galego, unha vez iniciados estes expedientes ás empresas e analizados os datos necesarios, avaliará se é precisa a imposición de sancións. 

Vázquez Mourelle lamentou que o incumprimento dos servizos mínimos de transporte estea a vulnerar o dereito á educación dos menores e a ocasionar molestias aos seus familiares.

A conselleira desmentiu rotundamente que o novo Plan de transporte público vaia supoñer a redución de 1.000 empregos, xa que se descartan a supresión de servizos. Neste sentido, precisou que sucede máis ben o contrario, pois este plan que está a impulsar a Xunta nace da premisa de garantir os postos de traballo no sector, que incluso se incrementarán ao aumentar substancialmente o número de coidadores coa fin de velar pola seguridade dos escolares nos autobuses.

Ethel Vázquez reiterou que a Xunta mantén as portas abertas para abordar o plan, pero subliñou que o incumprimento dos servizos non son o camiño do diálogo.

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez tamén lamentou o incumprimento dos servizos mínimos, que no caso do transporte escolar está vulnerando o dereito á educación dos alumnos e impedíndolles acudir aos seus centros escolares. Ademais, engadiu que esta situación tamén está a prexudicar á conciliación das familias.

Román Rodríguez fixo un chamamento á responsabilidade que faga compatible o exercicio lexítimo da folga co cumprimento dos servizos mínimos e o respecto aos dereitos do conxunto da cidadanía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario