Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 28 de junio de 2017

A XUNTA PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA DE EVENTOS SOSTIBLES CO FIN DE MELLORAR AS COTAS DE RECICLAXE E FOMENTAR CONDUTAS MÁIS RESPECTUOSAS CO MEDIO AMBIENTE





§    Esta programación, que se desenvolverá especialmente ao longo da época estival, comezará polo San Xoán coruñés
§    Na cita coruñesa prevese poder recoller 12.000 quilos de vidro en varios areais da cidade e evitar a imaxe do pasado ano con 190 toneladas de lixo nas praias coruñesas tras a Festa do San Xoán
§    Ao longo deste verán estas accións visitarán once festivais musicais e varias festas e feiras gastronómicas, como a Festa do Albariño de Cambados ou o San Froilán de Lugo
§    A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, adianta que o seu departamento traballa nunha Guía de eventos sustentables, que se presentará a finais deste ano, co que se pretenden implantar hábitos de produción e consumo responsables, por parte das empresas, administracións, patrocinadores, voluntarios e do público en xeral

A Xunta de Galicia apoiarase nos distintos eventos festivos que se celebrarán en Galicia para concienciar aos galegos na necesidade de reciclar e manter condutas respectuosas co medio ambiente. Así o indicou hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, na presentación en rolda de prensa  dunha campaña de eventos sostibles. Estas acción desenvolveranse  ao longo do verán en Galicia e comezarán polo San Xoán coruñés, tras o que se visitarán once festivais musicais e cinco festas e feiras de grande sona, como a Festa do Albariño en Cambados ou o San Froilán de Lugo.

Esta presenza activa nos festexos e citas máis importantes que se celebran en Galicia, na que colaboran os distintos municipios, Ecoembes e Ecovidrio, está baseada nos criterios fixados pola división de Sustentabilidade das Nacións Unidas, que consideran que un evento de baixo impacto ambiental ten que organizarse tendo en conta diversos aspectos, como reducir ao mínimo as emisións de gases de efecto invernadoiro, como o CO2, e o consumo de recursos naturais, e buscando o beneficio para a comunidade local desde o punto de vista social, ambiental e económico durante e ao finalizar o evento.

A conselleira indicou que outros tres obxectivos, que xa se fixan para o San Xoán coruñés, son protexer a biodiversiade e os recursos hídricos, aéreos e solo; sensibilizar aos participantes e evitar a produción de residuos e reutilizar ou reciclar os residuos xerados.

Para acadar este obxectivo, na noite do venres porase en marcha a acción Rasca e gaña con Ecovidrio, de tal xeito que as persoas que depositen vidro nos 15 iglús que se ubicarán nos areais de Riazor e Orzán (11) e nas praias do Matadero, San Amaro, Lapas e Oza poderán obter un dos máis de 6.000 premios que se repartirán esa noite (entradas gratuítas ao Aquapark de Cerceda, bicicletas, miniiglús e mochilas).

Esta acción permitirá recoller 12.000 quilos, cantidade á que hai que sumar todo o vidro que se deposite nos que están colocados permanentemente na contorna das praias polo que se poderían acadar os 20.000 quilos (20 toneladas).

Beatriz Mato recordou que a festa do ano pasado deixou nas praias da Coruña 190 toneladas de lixo e unha imaxe pouco desexable, sobre todo tendo en conta que se trata dunha Festa de Interese Turístico Internacional; polo que hai que actuar non só pola imaxe que se da ao exterior, senón tamén “polo benestar da cidadanía e das praias que son un agasallo da natureza que debemos coidar”, aclarou. Para incidir nesta eiva, varios monitores realizarán desde as oito da tarde tarefas informativas sobre os beneficios de reciclar e indicando a localización dos contedores de vidro.

Festas sustentables
A conselleira de Medio Ambiente adiantou que este tipo de accións, nas que conta coa colaboración de Ecovidrio, tamén estarán presentes noutros dezaseis eventos por medio de ecopatrullas, que informarán aos asistentes dos pequenos xestos que teñen que poñer en marcha para gozar dos eventos e ser respectuosos co medio ambiente.

Así, visitaranse os festivais musicais que se celebrarán ata setembro, como Atlántic Fest, Sinsal, PortAmérica, Revenidas, SonRías Baixas, Vive Nigrán, O Marisquiño, Cultura Quente, Festa Cidade Europa do Viño, Festival da Luz e as festas e feiras, como a Feira do Viño de Valdeorras, Festa do Pulpo do Carballiño, Festa do Albariño en Cambados, Festa do Marisco no Grove e o San Froilán en Lugo.

A entidade Ecoembes tamén se unirá a moitos destes eventos sustentables e colocará pequenos contedores para segregar o lixo en envases lixeiros (cor amarela) e papel e cartón (contedor azul).

Asemade, Medio Ambiente mantén activa a campaña Oportunidades Galicia. Separemos ben. Reciclaremos mellor, que celebrará case 100 accións en eventos onde hai unha asistencia masiva, como a Festa do Pulpo do Carballiño ou o Festival Silleda-Rock. Con esta acción tamén se pretende incrementar as taxas de reciclado na Comunidade e propiciar unha xestión máis sostible dos residuos domésticos por parte dos cidadáns.

Guía de sustentabilidade
Beatriz Mato avanzou que o seu departamento está a traballar nunha Guía de eventos sustentables, que se poderá presentar a finais deste ano. Con este documento búscase implantar hábitos de produción e consumo responsables, tanto por parte das empresas implicadas, como doutras administracións, patrocinadores, voluntarios e do público en xeral.

A organización de acontecementos festivos é un momento propicio para incorporar estratexias vinculadas á economía circular e fomentar a responsabilidade social e ambiental en xeral, polo que se diferenciarán categorías: festas e feiras gastronómicas, festivais e outros eventos culturais e de ocio, eventos deportivos e congresos e outros encontros de traballo de grande afluencia, así como reunións de traballo cun número máis reducido de asistentes.

A guía incluirá ferramentas prácticas para a planificación e organización, execución, avaliación dos resultados obtidos e comunicación para mellorar os aspectos como a xestión de residuos, dado que os eventos xeran grandes cantidades de residuos (plástico, vidro, papel, materia orgánica e aceites de cocina) é imprescindible aforrar recursos, de aí que os residuos constitúan unha peza fundamental na guía. Incluiranse medidas para mercar as cantidades adecuadas, vaixelas reutilizables, optar por envases de gran tamaño e con menos envase, facilitar a compostaxe (prevención), para comprar material aproveitable para outros eventos... (reutilización) e para instalar colectores para cada fracción, colocación de cinceiros, sinaléctica (separación).

Tamén se pretende mellorar o uso da auga e enerxía, fomentando medidas tan sinxela como o aproveitamento das horas de luz e os espazos abertos e con sombra; a mobilidade; a alimentación, optar por alimentos de produción local, de comercio xusto e con certificación ecolóxica, que contribuirá a reducir o impacto do evento e creará un efecto arrastre nas empresas proverdoras e a poboación, a protección do entorno, evitar as zonas protexidas e as épocas máis sensibles, delimitar ben as zonas as que se pode acceder, protexer fisicamente a flora e a fauna; a avaliación de emisións e compensación do impacto

No hay comentarios:

Publicar un comentario