Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 16 de junio de 2017

A XUNTA SUBVENCIONARÁ CUN MILLÓN DE EUROS ÁS COMUNIDADES DE PROPIETARIOS DE VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA PARA A REHABILITACIÓN E MELLORA DOS SEUS EDIFICIOS





§  A axuda será do 60 por cento do orzamento protexido e hai un prazo de dous meses para a súa solicitude
§  A Consellería de Infraestruturas Vivenda destinará un total de 5,7 millóns de euros á rehabilitación de vivendas de promoción pública, sumando a estas axudas as actuacións directas en vivendas da súa propiedade adxudicadas en alugueiro

A Xunta de Galicia destinará un millón de euros a reparación, rehabilitación ou adaptación de edificios de vivendas protexidas promovidos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda ou transferidos polo Estado á Comunidade Autónoma de Galicia (vivendas de promoción pública).

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Resolución pola que se convocan ditas subvencións, dirixidas ás comunidades de propietarios dos edificios de vivendas obxecto desta convocatoria, sempre que non recibisen outra axuda do Instituto Galego de Vivenda e Solo para a realización de obras do mesmo concepto nos dez anos inmediatamente anteriores ao da convocatoria. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/RreaIj.

Consideraranse actuacións subvencionables, todas aquelas obras destinadas á reparación, á rehabilitación e/ou á adaptación dos edificios incluídos no ámbito de aplicación desta convocatoria que comprendan todos ou algúns dos seguintes traballos:

a) Adecuación das condicións de seguridade: obras que proporcionen ao edificio condicións de seguridade construtiva, de xeito que garantan a súa estabilidade, resistencia e solidez, así como obras de seguridade fronte a accidentes ou sinistros.

b) Adecuación das condicións de habitabilidade: obras que proporcionen ao edificio estanquidade fronte á choiva e á humidade, illamento térmico e acústico, así como a mellora das instalacións de calefacción.

c) Adecuación funcional: obras que proporcionen ao edificio mellora dos accesos aos servizos xerais, como rede de auga, gas, electricidade, telefonía, saneamento, etc., así como a adecuación destas obras á correspondente normativa.

d) Adecuación das condicións de accesibilidade: obras de supresión de barreiras arquitectónicas, ascensores, ramplas ou outros dispositivos de accesibilidade, incluíndo os adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial.

A contía da axuda será do 60 por cento do importe do orzamento protexible da actuación e as comunidades de propietarios de vivendas de promoción pública interesadas nestas axudas dispoñen dun prazo de dous meses para solicitalas.

Actuacións directas
A mellora e rehabilitación das vivendas de promoción pública e un obxectivo prioritario do Executivo autonómico, polo que ademais de subvencionar as actuación realizadas polas comunidades de propietarios, actúa de forma directa nas máis de 3.100 vivendas de promoción pública propiedade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, que conforman o parque público de vivenda en alugueiro da Xunta de Galicia.

En 2017, o Goberno galego destinará 1,4 millóns de euros á mellora e rehabilitación das vivendas de promoción pública da súa propiedade e outros 3,3 millóns de euros a actuación de rehabilitación en materia de eficiencia enerxética, co obxectivo de reducir polo menos nun 20 por cento o consumo enerxético dos mesmos. Estas axudas de eficiencia enerxética están cofinanciadas con fondos Feder.

En total, o departamento que dirixe Ethel Vázquez destinará este ano á rehabilitación de vivendas de promoción pública 5,7 millóns de euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario