Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 3 de junio de 2017

Conde salienta en Barro o cooperativismo como unha oportunidade para consolidar o emprego no rural


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinala á adega Viña Moraima como un exemplo de como a través das cooperativas se pode facer empresa e se poden dar oportunidades aos máis novos
  • Destaca que o sector vitivinícola galego segue crecendo e segue creando emprego a través da calidade e da internacionalización
  • Subliña que a compañía pontevedresa exporta máis do 60% da súa produción a países como Estados Unidos, Xapón ou o Reino Unido
  • No marco da nova Lei de economía social, a Xunta está a potenciar este tipo de iniciativas, con medidas como cun novo fondo dotado con 5 millóns de euros

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe en Barro o cooperativismo como unha oportunidade para consolidar o emprego no rural. Na súa visita ás instalacións de Viña Moraima, sinalou que esta entidade é un exemplo de como a través das cooperativas se pode facer empresa e como cunha cooperativa familiar se poden dar oportunidades aos máis novos.
Conde lembrou que no 2006 se constituíu nesta bodega centenaria unha cooperativa con 11 socios para, desde unha visión familiar, modernizar a súa produción e desenvolver un produto de calidade e diferenciado. Neste sentido, apuntou que a compañía conta cun proxecto empresarial asentado non só na tradición, senón tamén na innovación.
O conselleiro incidiu en que o sector vitivinícola sigue crecendo e creando emprego e estao facendo, tal e como sinalou o conselleiro, a través da calidade e a internacionalización. Así, apuntou que Viña Moraima ten presenza no eido internacional, exportando o 60% da súa produción a países como Estados Unidos, Xapón ou o Reino Unido. “É un proxecto familiar cooperativo e que desde o rural está creando emprego e permitindo que a nosa economía teña un desenvolvemento importante vinculado ao medio rural”, engadiu o responsable de Economía, Emprego e Industria.
No marco da nova Lei de economía social, a Xunta está a potenciar este tipo de iniciativas, con medidas como cun novo fondo dotado con 5 millóns de euros. Ademais, os mozos contan con máis facilidades para poñer en marcha cooperativas, xa que poderán constituírse cun capital social de 500 euros.
Por outra banda, a Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de poñer en marcha un programa para apoiar a formación e o emprendemento no rural que contempla, entre outras medidas, incentivos á contratación de ata o 25%, e a creación de laboratorios cooperativos no rural e de seis centros de coworking nestes concellos.

http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/21693/conde-salienta-barro-cooperativismo-como-unha-oportunidade-para-consolidar-emprego

No hay comentarios:

Publicar un comentario