Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 15 de junio de 2017

OS CONCELLOS PONTEVEDRESES RECIBIRÁN EN TOTAL 3,2 MILLÓNS DE EUROS PARA MELLORAR OS SEUS CAMIÑOS RURAIS







  • O reparto destes fondos fíxose de acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), tendo en conta criterios obxectivos
  • A conselleira Ángeles Vázquez presentou hoxe aos alcaldes da provincia o plan de acondicionamento de vías elaborado polo seu departamento para mellorar a calidade de vida dos veciños, propiciar a cohesión territorial e fixar poboación

Os concellos de Pontevedra recibirán unha axuda total de 3,2 millóns de euros para o acondicionamento de camiños rurais de titularidade municipal. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada polo delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, e polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, presentou esta mañá os detalles desta iniciativa aos alcaldes da provincia. Ángeles Vázquez destacou que esta intervención nos camiños enmárcase no obxectivo xeral do Goberno galego de fixar poboación no rural e mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, a través de diferentes iniciativas que buscan entre outros obxectivos o da cohesión territorial. Intégrase no Plan de fixación dotado cun total de 231 millóns de euros.

A posta en valor de vías rurais permitirá actuar nuns 650 quilómetros en toda a comunidade ao longo dos vindeiros dous anos, segundo explicou a conselleira aos rexedores municipais. Trátase, dixo, de facilitar a accesibilidade a fincas e explotacións agroforestais, así como aos núcleos de poboación, unhas actuacións para as que se dedicarán 16 millóns de euros no conxunto de Galicia, cunha porcentaxe de axuda do 100% dos gastos subvencionables, agás o IVE, que correrá a conta dos concellos.

A titular de Medio Rural explicou ademais que o reparto destes fondos fixóse de acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), tendo en conta criterios obxectivos, como a poboación ou a ruralidade. Na seguinte táboa indícase o orzamento por concellos na provincia de Pontevedra:

Arbo
44.247,06 €
Barro
41.742,46 €
Baiona
38.509,02 €
Bueu
47.676,42 €
Caldas de Reis
49.124,79 €
Cambados
43.045,99 €
Campo Lameiro
39.552,48 €
Cangas
52.024,80 €
Cañiza, A
77.743,71 €
Catoira
41.193,60 €
Cerdedo Cotobade
103.929,81 €
Covelo
68.402,75 €
Crecente
45.094,50 €
Cuntis
54.752,50 €
Dozón
41.726,85 €
Estrada, A
123.814,94 €
Forcarei
69.325,14 €
Fornelos de Montes
37.200,24 €
Agolada
72.809,69 €
Gondomar
50.480,10 €
Grove, O
41.399,42 €
Guarda, A
41.673,85 €
Lalín
101.342,34 €
Lama, A
57.726,80 €
Marín
40.567,23 €
Meaño
43.251,81 €
Meis
56.446,50 €
Moaña
45.999,36 €
Mondariz
48.514,95 €
Mondariz-Balneario
24.689,61 €
Moraña
40.255,38 €
Mos
44.936,10 €
Neves, As
52.697,70 €
Nigrán
45.653,06 €
Oia
45.923,13 €
Pazos de Borbén
41.193,60 €
Pontevedra
64.099,63 €
Porriño, O
54.232,20 €
Portas
47.752,65 €
Poio
43.732,06 €
Ponteareas
63.151,11 €
Ponte Caldelas
42.164,10 €
Pontecesures
40.095,89 €
Redondela
49.429,71 €
Ribadumia
45.923,13 €
Rodeiro
73.527,10 €
Rosal, O
38.509,02 €
Salceda de Caselas
45.584,45 €
Salvaterra de Miño
53.390,70 €
Sanxenxo
47.093,81 €
Silleda
83.980,78 €
Soutomaior
36.700,29 €
Tomiño
59.152,30 €
Tui
50.202,90 €
Valga
43.183,21 €
Vigo
73.826,58 €
Vilaboa
43.457,63 €
Vila de Cruces
66.376,97 €
Vilagarcía de Arousa
47.848,48 €
Vilanova de Arousa
39.569,31 €
Illa de Arousa, A
40.164,50 €
TOTAL
3.207.816,21 €

No hay comentarios:

Publicar un comentario