Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 14 de julio de 2017

20.000 PRAZAS Ó PROGRAMA “EN RUTA COA DEPO”, 1.000 MÁIS QUE O ANO PASADO





 
A Deputación destina 21.500 € máis ao programa e, por vez primeira, oferta 400 prazas gratuítas para persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión social

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación das prazas para participar no programa “En ruta coa Depo”, promovido polo servizo de Cohesión Social e Xuventude. En total serán preto de 20.000 persoas, 1.000 máis que o ano pasado, pertencentes a 300 entidades as que gozarán desta actividade que ten por finalidade crear espazos de unión e convivencia a través do impulso da igualdade de acceso aos recursos turísticos, especialmente para as persoas con diversidade funcional.

“En ruta coa Depo” tamén pretende impulsar actividades alternativas para o tempo de lecer xuvenil, promovendo o asociacionismo entre a xuventude e o ocio dinámico e saudable, así como rutas específicas onde nais, pais, titoras e titores poidan gozar coas nenas e os nenos dun ocio común, san, alternativo e divertido que faga doada a conciliación familiar e laboral durante as fins de semana ou estancias estivais.

A Deputación achega a este programa 260.000 €, 21.500 máis que o ano pasado, e oferta por vez primeira 400 prazas gratuítas para persoas con dificultades económicas ou risco de exclusión social. En total, “En ruta coa Depo” consta de 32 alternativas divididas en rutas temáticas, culturais, marítimas, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas dinámicas e interxeracionais.

As rutas temáticas do programa “En Ruta coa Depo” ofertan seis alternativas para as entidades.  A primeira delas, denominada camelias do Sur, percorre o Parque Quiñones de León e do Castro en Vigo e o Castelo de Soutomaior. A segunda alternativa, camelias señoriais, descorre polos Pazo de Lourizán, Gandarón e Oca na Estrada. A terceira ruta, denominada camelias do mar, achega ás persoas participantes ós Pazos de Rubiáns, A Saleta e Quinteiro da Cruz. A cuarta alternativa, denominada prehistoria, percorre os concellos de Vilaboa, para coñecer a mámoa do Rei; Moaña, para visitar o dolmen de Chan de Armada e Chan de Arquiña, e Redondela para descubrir a mámoa de Monte Penide. A quinta alternativa temática, tamén denominada prehistoria, traslada ás entidades ata Poio, para visitar o Parque arqueolóxico da Caeira, e Marín, para coñecer os petróglifos de Mogor e o Castro da Subidá. A última ruta temática permite ás persoas participantes no programa descubrir algúns dos edificios da Deputación de Pontevedra como o Pazo Provincial, o Palacete das Mendoza, o Museo de Pontevedra e o Pazo deLourizán.

En canto ás rutas culturais trátanse de 13 alternativas que permiten coñecer os principais atractivos turísticos de concellos como Cambados; Salvaterra de Miño e Arbo; Cuntis e Caldas de Reis; Cangas e Bueu; Silleda; Agolada e Vila de Cruces; Lalín; Meis; A Guarda, Tomiño e Tui; Barro, Portas, Valga e Catoira; Ponteareas, Mondariz Balneario e Mondariz; Moaña e Vilaboa e A Cañiza e Covelo.

Pola súa banda a Deputación oferta catro alternativas marítimas. A primeira delas por Arousa, visitando a illa da Toxa, paseando en barco pola ría con degustación a bordo e coñecendo o Museo da Salga do Grove e o xacemento da Lanzada.  A segunda alternativa consiste na visita á  Illa de San Simón, ó Museo Meirande, Redondela,o Castelo de Soutomaior e Ponte Sampaio. A terceira ruta marítima levará ás entidades ata as Illas Cíes así como ata o conxunto histórico de Vigo e o barrio mariñeiro do Berbés. A última alternativa achegará ás persoas participantes ata a Illa de Ons e a localidade mariñeira de Portonovo.

As rutas adaptadas ofertan tres alternativas para persoas con mobilidade reducida. A primeira delas por Vigo, percorrendo o centro arqueolóxico Vila Romana de Toralla, así como o parque de Castrelos, o conxunto histórico e a zona do Náutico. A segunda alternativa, por Baiona e o seu conxunto histórico, a Casa da Navegación e os paseos de Monte Boi e marítimo. A última ruta, por Pontevedra, achega ás interesadas e interesados ó conxunto histórico da cidade así como ó Museo de Pontevedra a e illa do Corvo.

En canto ás rutas dinámicas a Deputación de Pontevedra propón tres ofertas. A primeira delas en Nigrán, realizando surf ou kaiak nas praias de Patos e A Madorra e incluíndo visita ó templo votivo e o arco de Panxón, ó faro de Punta Lameda e ó miradoiro de Monteferro. A segunda ruta, polo Morrazo, levará ás persoas participantes ata a praia de Liméns para montar en kaiak e percorrerá a costa da Vela, Cabo Home, as praia de Melide e Barra e O Facho. A última das alternativas dinámicas é pola Illa de Arousa, facendo surf e remo, así como percorrendo a ruta dos Cons, o miradoiro de Con do Forno e o espazo natural do Carreirón.

Pola súa parte, entre as rutas interxeracionais a Deputación de Pontevedra oferta tres modalidades do programa “En ruta coa Depo”. A primeira delas discorre por Pontevedra e Marín, visitando a senda do río Lérez, Apípolis, a Granxa de Briz, o lago de Castiñeiras e o Ecoparque. A segunda alternativa leva ás entidades ata Barro, Campo Lameiro e Valga, visitando o Parque da Natureza do Río Barosa, o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre así como as fervenzas de Raxoi e Pedrafita e a praia fluvial de Ponte Valga. A última das rutas, por Vigo, transcorre polo parque do Castro, Vigozoo e a ruta etnográfica de Zamáns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario