Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 17 de julio de 2017

A UNED ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA COA NOVIDADE DO GRAO EN CRIMINOLOXÍA




O prazo de matrícula para graos, posgraos oficiais e cursos de acceso para maiores de 25 e 45 anos estará aberto ata o 20 de outubro

A UNED abriu este luns 10 de xullo o prazo de matrícula para as alumnas e alumnos que desexen acceder aos estudos de graos, posgraos oficiais ou ao curso de acceso para maiores de 25 e 45 anos. A matrícula faise totalmente online e poderase levar a cabo ata o vindeiro 20 de outubro (durante o período comprendido entre o 29 de xullo e o 15 de agosto, ambos incluídos, permanecerá inactiva polo peche vacacional da Universidade).

Dende fai tres anos a UNED decidiu adiantar a apertura do seu período de matrícula ao mes de xullo, iniciativa que se suma desde 2015 á decisión de abrir un segundo prazo de matrícula en febreiro, de forma que os seus estudantes poidan planificar e xestionar de forma óptima os seus estudos. Este segundo prazo de matrícula estará aberto do 1 de febreiro ao 8 de marzo de 2018.

A principal novidade para o próximo curso é a incorporación á oferta académica da UNED do Grao en Criminoloxía. Este grado estará estruturado en catro cursos académicos e preséntase coma un proxecto colectivo no que participan cinco facultades e unha escola técnica superior (Dereito, Ciencias Políticas e Socioloxía, Psicoloxía, Ciencias, Filoloxía e a ETSI de Informática). Estes estudos, amplamente demandados, comezarán a impartirse dende o próximo curso no
centro asociado á UNED de Pontevedra.

A UNED tamén ofrece a posibilidade de realizar 11 grados combinados, unha modalidade que permite obter dúas titulacións de grao distintas cursando unha delas completa e, como máximo, a metade dos créditos da segunda.

Desta maneira, o estudantado de calquera titulación de grado sen limitación de prazas e que non teñan que solicitar admisión previa xa pode matricularse na páxina web da UNED. Amais, os estudantes doutras universidades con estudos parciais e quen realizase a selectividade ou superado o acceso para maiores de 25 ou 45 anos noutra universidade deberán realizar a solicitude de admisión e traslado de expediente antes do 20 de outubro.

A Deputación de Pontevedra forma parte do consorcio universitario que garante a viabilidade do centro asociado da UNED en Pontevedra, do que tamén forman parte o Concello de Pontevedra, a Xunta de Galicia e a empresa ENCE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario