Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 20 de julio de 2017

DOADORES E RECEPTORES DE SANGUE REAIS PROTAGONIZAN A NOVA CAMPAÑA DE COMUNICACIÓN DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE




  • ADOS recolle 14 historias de persoas que recibiron transfusións grazas á solidariedade dos cidadáns que doan sangue
  • Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue mensuais durante o verán para garantir o axeitado desenvolvemento do seu labor asistencial

 A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) presentou esta maña a nova campaña de comunicación coa que tenta espertar a solidariedade dos cidadáns para que doen sangue. Ao longo dos vindeiros meses, os cidadáns poderemos coñecer 14 historiais reais de doadores e doadoras de sangue e receptores de compoñentes sanguíneos que contarán a súa experiencia.
Esta é a primeira oportunidade na que unha campaña de ADOS reúne experiencias vitais reais de persoas que contan como un xesto tan sinxelo como a doazón de sangue, pode cambiar o rumbo das súas vidas. Así mesmo, a campaña complétase con materiais de cartelería e folletos baixo o lema “Ti dás o tipo”, en clara alusión aos distintos grupos sanguíneos e salientando que todos podemos doar sangue para outras persoas que o precisan.

Protagonistas
A directora de ADOS, Marisa López García, quixo manifestar o sincero agradecemento da Axencia aos protagonistas desta campaña: os doadores e os receptores, que colaboraron, de xeito altruísta e desinteresado, na elaboración das historias que serán emitidas en medios de comunicación convencional, na páxina web de ADOS (ados.sergas.es) e nas redes sociais. Mediante esta iniciativa, ADOS tenta dar un paso máis aló nas súas campañas de comunicación e sensibilización e por en evidencia que as doazóns de sangue que se recollen en Galicia todos os días teñen un obxectivo primordial: colaborar na recuperación das persoas que padecen distintos problemas de saúde.

Neste sentido, Marisa López salientou que a nova campaña de comunicación comenza nun momento do ano, como os meses de verán, no que se evidencia a necesidade de continuar doando sangue, xa que, precisaranse unhas 10.000 doazóns de sangue mensuais para garantir o axeitado desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos.

Para posibilitar a consecución de este obxectivo, ADOS despraza diariamente des unidades móbiles a distintos concellos galegos e tamén existe a posibilidade de doar sangue nos puntos fixos de atención ao doador que existen nas sete grandes cidades galegas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario