250 PERSOAS INSCRÍBENSE EN APENAS UNHA SEMANA NA PRIMEIRA RUTA DE BTT DA DEPUTACION - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 17 de septiembre de 2017

250 PERSOAS INSCRÍBENSE EN APENAS UNHA SEMANA NA PRIMEIRA RUTA DE BTT DA DEPUTACION


A Deputación de Pontevedra mostrou a súa satisfacción pola boa acollida que está a ter a posta en marcha das Depo Rutas de BTT, xa que “en apenas unha semana” se completaron as 250 prazas ofertadas para a primeira saída, que se celebrará en Verducido o vindeiro 1 de outubro, con saída dende o encoro do Pontillón do Castro, “superando incluso as expectativas de participación previstas, o que da boa conta do interese que hai por este deporte en auxe”.

O prazo de inscrición para a Depo Ruta de Sabucedo estará aberto entre o 2 e o 26 de outubro e nesta ocasión tamén se ofertarán 250 novas prazas. As inscricións, que son gratuítas, inclúen os dorsais acreditativos, un agasallo ao final da ruta, avituallamentos líquidos e sólidos, servizo de lavado de bicicletas, servizo de masaxe ao final da ruta, seguro de accidentes e de responsabilidade civil e servizos sanitarios.

A Depo Ruta de BTT de Verducido, percorrerá o entorno do monte Acival, con vistas dos concellos de Pontevedra, Moraña, Campo Lameiro e Barro. É unha ruta cun desnivel acumulado de 700m e cunha distancia de 29Km apto para todas as persoas maiores de 16 anos sen que requira unha  gran forma física. Pola súa banda,  a “Depo Ruta” de Sabucedo, tamén apta para todas as persoas,  ten un recorrido de 30 km e un desnivel acumulado de 750m e percorre o entorno de Sabucedo e Codeseda, así como diversas corredoiras e camiños de bosques tradicionais galegos da Terra de Montes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario