A XUNTA APOSTA POR QUE AS EMPRESAS DIVULGUEN SOBRE OS SERVIZOS DE AUTOBÚS COMPARTIDO PARA QUE O MAIOR NÚMERO DE VECIÑOS APROVEITE A NOVA OPORTUNIDADE DE TRANSPORTE PÚBLICO NO RURAL - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 16 de septiembre de 2017

A XUNTA APOSTA POR QUE AS EMPRESAS DIVULGUEN SOBRE OS SERVIZOS DE AUTOBÚS COMPARTIDO PARA QUE O MAIOR NÚMERO DE VECIÑOS APROVEITE A NOVA OPORTUNIDADE DE TRANSPORTE PÚBLICO NO RURAL


A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitaron na Estrada o CEIP Manuel Villar Paramá


  • A conselleira de Infraestruturas e Vivenda destaca que a implantación desta nova modalidade en tres centros de ensino público do Concello da Estrada permite a conexión interna entre o centro do municipio e as parroquias
  • Salienta que a posta en marcha do sistema está a cumprir a súa prioridade de que os nenos cheguen á escola e a casa con normalidade e nos horarios fixados
  • O conselleiro de Educación destaca que Galicia é a autonomía que realiza un maior esforzo para prestar o servizo de transporte escolar,  empregado polo 40% dos alumnos de Primaria, fronte ao 8% estatal
  • Salienta a “lóxica” de procurar unha maior rendibilidade social a esa rede de gran capilaridade territorial, aproveitando as prazas vacantes para o transporte da poboación xeral

A Xunta lembrou hoxe que as empresas de transporte teñen a obriga de informar sobre os horarios e frecuencias  e apostou por darlle a maior divulgación posible aos servizos de autobús compartido para que o maior número de veciños poida aproveitar esta nova oportunidade de transporte público no rural.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañados do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores, visitaron no concello da Estrada  o CEIP Manuel Villar Paramá, en San Xurxo de Vea, que estrou onte un destes novos servizos de autobús escolar compartido.

Neste municipio os tres centros escolares públicos teñen transporte escolar de uso compartido, dos cales dous xa están a funcionar desde onte e no terceiro, o Instituto de Ensino Secundaria, se porá en marcha o venres co seu inicio de curso.

Ethel Vázquez sinalou que todas as liñas de autobús compartido teñen blindada a atención ás necesidades dos ecolares, “porque os nenos son o primeiro”, e manteñen intactos os horarios, as paradas e os itinerarios do transporte escolar.  Segundo explicou, a diferencia que introduce este modelo é que os vehículos que portan o distintivo de “autobús compartido” indican que o resto da poboación pode subir e empregar as prazas vacantes.

A conselleira puxo o acento no xeito en que este sistema mellora as posibilidades de desprazamento dos veciños, especialmente no rural,  e puxo como exemplo o caso da liña que leva os escolares desde Pontecesures ata o  CEIP Manuel Villar Paramá, en San Xurxo de Vea, chegando despois ata a estación de autobuses da Estrada.

Desa forma, apuntou, mellora a conexión entre as parroquias e o núcleo da Estrada e os veciños teñen un autobús que os leva ao centro a primeira hora da mañá e que os pode levar de volta a casa ás 13,30 horas.

Ethel Vázquez afirmou que a posta en marcha do sistema está a cumprir a súa prioridade de que os nenos cheguen á escola e a casa con normalidade e nos horarios fixados e confiou en que progresivamente se incremente o uso das prazas baleiras polo resto da poboación.

Pola súa banda, Román Rodríguez destacou que Galicia é a Comunidade autónoma que máis achega no transporte escolar para apoiar ás familias, e sinalou que emprega este servizo o 40 % dos alumnos galegos de  Primaria, fronte ao 8% da media estatal.

Nese sentido, o conselleiro de Educación destacou a “lóxica” de buscar unha maior rendibilidade social a esa rede de transporte que ten unha gran capilaridade e que pode servir para mellorar a mobilidade da poboación.


Transporte escolar compartido
O transporte escolar compartido permite aos viaxeiros regulares empregar as prazas baleiras do autobús escolar, que se implantaron en 513 liñas de toda Galicia, o que supoñen arredor do 10% das liñas escolares.

Estanse a cumprir coas prioridades e cos obxectivos marcados: que os nenos cheguen ao colexio e regresen ás súas casas no horario previsto, nas mesmas paradas de sempre e percorrendo o itinerario fixado no servizo de transporte escolar e agárdase que pouco a pouco, o público xeral vaia incrementando o uso do bus escolar compartido para os seus desprazamentos cotiás.

No hay comentarios:

Publicar un comentario