Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 5 de septiembre de 2017

A XUNTA DESTINARÁ 1,3 MILLÓNS DE EUROS A SUBVENCIÓNS PARA A INSTALACIÓN DE NOVOS ASCENSORES, SALVAESCALEIRAS E OUTROS MECANISMOS QUE MELLOREN A ACCESIBILIDADE DAS VIVENDAS





O Diario Oficial de Galicia publicou onte a convocatoria destas axudas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda que poden solicitarse desde maña. día 5 de setembro, ata o vindeiro  2 de novembro



    Poderán beneficiarse tanto edificios residenciais colectivos como vivendas unifamiliares e dúplex
    O importe máximo da axuda vai desde os 4.500 euros para vivendas unifamiliares ata os 35.000 para edificios de menos de 8 inmobles
    O importe da subvención será do 60 por cento do custe da instalación

 A Xunta destinará case 1,3 euros a facilitar a instalación de novos ascensores en edificios de vivendas que carezan do mesmo, así como á instalación de mecanismos que faciliten a accesibilidade en vivendas unifamiliares e en vivendas tipo dúplex. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/1MYAzA.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a Orde pola que se regulan ditas axudas e se procede á convocatoria de 2017, cuxo prazo de presentación de solicitudes se inicia mañá e rematará o 2 de novembro próximo. As solicitudes poderán presentarse na sede electrónica da Xunta, dirixidas á área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da provincia na que se atope a vivenda.

Estas axudas poderán empregarse para a instalación de novos ascensores en edificios residenciais colectivos e tamén en vivendas unifamiliares e vivendas tipo dúplex. Tamén serán aplicables para a instalación de elevadores, salvaescaleiras e outros dispositivos que faciliten a accesibilidade entre os diferentes andares da edificación.

Os destinatarios das axudas serán as comunidades de propietarios no caso de edificios residenciais colectivos e os propietarios no caso das vivendas unifamiliares e dúplex. En todos os casos debe tratarse de persoas físicas. No caso das vivendas unifamiliares e dúplex, os ingresos ponderados da unidade familiar non poderán supera 3,5 veces o Iprem.

O importe da subvención será do 60 por cento do custe da actuación. Consideraranse subvencionables os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e os custos en equipamentos, en materiais, en obra civil e en man de obra asociados á instalación do ascensor e dos demais dispositivos de accesibilidade, de xeito que estes queden operativos. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.

Como máximo, o importe da axudas será o seguinte:




Vivendas emprazadas en ámbitos históricos ou nos Camiños de Santiago
Resto de vivendas
Vivendas unifamiliares e dúplex
4.500 €
2.500 €
Edificios de tipoloxía residencial colectiva con ata 8 vivendas
35.000 €
25.000 €
Edificios de tipoloxía residencial colectiva con máis de 8 vivendas
28.000 €
18.000 €

As axudas deste programa serán compatibles con calquera outra destinada ao mesmo fin, sempre que a suma das mesmas non supere o custe total das obras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario