Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 2 de septiembre de 2017

AREEIRO ADVIRTE DUN NOVO ATAQUE DA “PRAGA DOS BUXOS” E RECOMENDA APLICAR TRATAMENTOS DESPOIS DA CHUVIAS






Esta praga, aparecida en maio de 2014 no sur da provincia, a día de hoxe xa está totalmente estendida e pode chegar a producir a perda total das follas das plantas
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), dependente da Deputación de Pontevedra, vén de publicar un aviso fitopatolóxico extraordinario relativo á coñecida como “praga dos buxos”. Os técnicos da EFA explican que en moitas sebes xa se pode ver claramente como parte dos gromos máis tenros están secos. Isto obedece a que neses gromos os excrementos e os buracos de alimentación das eirugas da especie que causa esta praga, a chamada Cydalima perspectalis, neste momento están, na súa maior parte, nos seus estados iniciais. Tamén constataron a presenza de eirugas adultas apoiadas nas sebes, así como algunhas postas.
Ante esta situación, desde a EFA recomendan que, despois das precipitacións destes días, se aplique un tratamento para evitar defoliacións severas. Lembran, ademais, que os produtos autorizados contra estas larvas son os piretroides (de orixe química), ou o aceite de parafina e o azadiractin (de orixe natural). En canto á aplicación, recomendan rigorosidade e insistencia para conseguir que a totalidade da planta quede correctamente cuberta polo tratamento.
Hai que lembrar que esta praga se detectou por primeira vez no sur da provincia de Pontevedra en maio de 20                14 e que, na actualidade, xa está totalmente estendida por toda a provincia. Ao longo do ano, a Cydalima perspectalis soe ter entre 2 e 3-4 xeracións, dependendo da climatoloxía. Durante o 2017, o primeiro ataque forte detectouse a comezos do mes de marzo, seguido de dous ataques de menos importancia no meses de maio e de xullo.  A aplicación dos tratamentos, de xeito minucioso en todo o buxo, consigue frear o avance das larvas e eirugas e evita que a planta quede totalmente defoliada. En circunstancias extremas, está constatado que canto máis crecen as eirugas máis dano producen, e que unha vez rematan coas follas, pasan a alimentarse da cortiza nova, o que impide que a planta sobreviva ao ataque.

No hay comentarios:

Publicar un comentario