Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 1 de octubre de 2017

AS “DEPORUTAS DE BTT” ARRANCAN O DOMINGO EN VERDUCIDO





250 deportistas participarán este domingo 1 de outubro no estreo das "DepoRutas de BTT" promovidas pola Deputación de Pontevedra

O domingo 1 de outubro terá lugar no Pontillón de Castro, en Verducido, a primeira das “DepoRutas de BTT” que está a poñer en marcha a institución provincial. O pasado 6 de setembro abriuse o prazo de inscrición para esta proba con 250 prazas dispoñibles que esgotáronse en menos dunha semana.

A "Depo Ruta de BTT de Verducido" percorrerá o entorno do monte Acival, con vistas dos concellos de Pontevedra, Moraña, Campo Lameiro e Barro. É unha ruta cun desnivel acumulado de 700 m e cunha distancia de 29 Km sobre unha ruta que ofrece unhas inmellorables vistas.  

Durante o traxecto o ascenso é continuo e sen grandes pendentes, con algunha divertida baixada por camiños sen dificultade, e prolóngase durante 7 km. A ruta alcanza a máxima altura (524 m) ao rematar o ascenso. Desde ese punto comézase a baixar ata chegar á capela de Santo Antón, en Campo Lameiro. A ruta continúa durante 7 km por camiños forestais, na procura do pasteiro, a carón do cumio do monte Acival, lugar no que pasamos polo curro de Amil. Desde este punto comézase a descender, buscando de novo o encoro de Pontillón do Castro, pero con baixadas sinxelas que permitirán gozar das vistas das rías de Arousa e de Pontevedra, separadas polo monte Castrove.

A proba arrancará ás 09.30h dende as instalacións náuticas do Pontillón do Castro e ten un horario previsto de dúas horas e media.

No hay comentarios:

Publicar un comentario