Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 22 de octubre de 2017

BARRO: A XUNTA DESTINA PRETO DE 2,9 MILLÓNS DE EUROS A UNHA NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO





 A nova convocatoria publicarase no DOG no mes de decembro e súmase á que está en vigor actualmente, por importe de máis de 2,9 millóns de euros, e cuxo prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2017
As axudas da ARI dos Camiños de Santiago son aplicables nos concellos de  Pontevedra, Vilaboa, Barro, Portas, Soutomaior, Caldas de Reis, Valga e Pontecesures

 A Xunta de Galicia destinará máis de 2,9 millóns de euros ás axudas de rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas no marco da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, tal como aprobou o Consello da Xunta do pasado 11 de outubro. Na área de Pontevedra pódense beneficiar destas axudas as vivendas emprazadas nas parroquias polas que transcorre o Camiño Portugés nos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Barro, Portas, Soutomaior, Caldas de Reis, Valga e Pontecesures.

Nas zonas de carácter rural o ámbito da área de rehabilitación comprende a totalidade da parroquia, de maneira que todas as vivendas da mesma que cumpran os requisitos poden beneficiarse das axudas establecidas. Nas zonas urbanas o ámbito da ARI restrínxese ao trazado do Camiño.

Poderán beneficiarse destas axudas as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean emprazadas no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago e estean en posesión da correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

O importe máximo da axuda será de 15.000 euros por vivenda, dos que 11.000 serán de financiamento estatal e non poderán superar máis do 35 por cento do orzamento e 4.000 de financiamento autonómico, co límite do 10 por cento do orzamento.

Actualmente está aberto o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de 2017, realizada no pasado mes de xuño cunha dotación de 2,9 millóns de euros. As solicitudes para a convocatoria deste ano poderán presentarse ata o 30 de novembro de 2017 e as da convocatoria de 2018 despois da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, prevista para o próximo mes de decembro.

A área de rehabilitación dos Camiños de Santiago foi o 17 de decembro de 2010, e comprende 445 parroquias de 107 concellos das catro provincias galegas.

As axudas no marco desta área de rehabilitación integral poden destinarse a actuacións destinadas a adecuar a seguridade dos edificios e vivendas, protección fronte a auga e á humidade, garantir as condicións de salubridade das vivendas, adecuar as instalacións eléctricas, de augas ou de telecomunicacións á normativa vixente, reducir a demanda enerxética das vivendas e garantir a súa accesibilidade. Máis información: http://www.igvs.es/web/actuamos/858

No hay comentarios:

Publicar un comentario