Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 10 de octubre de 2017

CEIP AMOR RUIBAL DE BARRO: MÁIS DE 10.000 ALUMNOS DE PRIMARIA E 300 DOCENTES TRABALLARÁN ESTE CURSO CON KITS DE ROBÓTICA






§  Un total de 108 centros introducen por primeira vez este novo equipamento, 41 da provincia de Coruña, 10 de Lugo, 8 de Ourense e 49 de Pontevedra
§  Este novo programa busca promover entre o alumnado, desde idades temperás, a programación básica, robótica e construción
§  O obxectivo da iniciativa, que se enmarca na Estratexia galega para a educación dixital 2020, Edudixital, é fomentar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) entre o estudantado galego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar na súa páxina web a resolución (aínda provisional) da convocatoria do novo programa de innovación educativa polo que se introduce a robótica en Primaria. En concreto, esta iniciativa beneficiará a máis de 10.000 alumnos dun total de 108 centros, que traballarán con kits de robótica durante este curso 2017/18. O obxectivo último é favorecer a iniciación do alumnado, xa desde idades temperáns, na experiencia de programación básica, robótica e construción.

Por provincias, 41 centros pertencen á Coruña, 10 a Lugo, 8 a Ourense e 49 a Pontevedra. Así mesmo, o número de docentes implicados nesta primeira introdución da Robótica a Primaria ascende a 300. Os detalles da resolución provisional poden consultarse no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23301.

En concreto, o material estará conformado por seis robots de uso educativo adecuados ás idades do alumnado; seis kits de construción, que permitirán a realización dun mínimo de cinco proxectos diferentes; así como un manual de uso e guía didáctica.

Cada centro, dentro da súa autonomía, pode integrar a robótica de diversas maneiras: mediante unha materia de libre configuración de centro, dentro das materias de forma transversal, a través de programas de innovación educativa da Consellería ou mediante obradoiros que se desenvolvan fóra do horario lectivo.

A iniciativa vai dirixida a alumnado que curse 4º, 5º ou 6º de Primaria durante este curso, que ademais de adquirir nocións básicas sobre robótica e programación, tamén traballará as áreas denominadas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).

Incremento das vocacións científicas e tecnolóxicas
Este programa enmárcase dentro das accións da Estratexia galega para a educación dixital 2020, Edudixital, presentada en Consello da Xunta o pasado mes de setembro. Cómpre resaltar que o plan nace con dous obxectivos principais. En primeiro lugar, busca lograr que todo o alumnado de ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación no curso 2020/21 co fin de que, ao finalizar os estudos, acade un nivel adecuado de competencia dixital e científico-tecnolóxica. Por outro lado, tamén se pretende romper coa fenda de xénero nos estudos STEM.


Nos últimos anos, a Consellería puxo en marcha accións específicas para promover as vocacións científico-tecnolóxicas entre o alumando. Deste xeito, desde o curso 2015/16 impulsouse un cambio curricular a través de novas materias de libre configuración como Robótica, Programación ou Identidade dixital (esta última, de nova incorporación este curso).

Asociado ás ditas materias, no 2016/17 repartíronse kits de robótica, programación e impresión 3D en todos os centros de secundaria. Tamén se estableceron marcos estables de colaboración con entidades e sociedade civil, e desenvolvéronse outras accións (como Club de ciencia ou Desafío STEM) que teñen como principal obxectivo estimular o espírito científico entre a mocidade. Froito destas medidas, actualmente hai máis de 12.000 alumnos implicados nalgunha acción vinculada a STEM e máis de 750 kits despregados.

Plan de formación específico
Ademais, a Consellería puxo en marcha este curso 2017/18 un plan de formación específico en Robótica, Programación e Impresión 3D vinculado ás ensinanzas tecnolóxicas para, deste xeito, reforzar os coñecementos dos docentes nesta materia.







No hay comentarios:

Publicar un comentario