CONTINÚA ABERTO O PRAZO DO I PREMIO Á INNOVACIÓN FORESTAL APOIADO POLA XUNTA PARA IMPULSAR A COMPETITIVIDADE DO SECTOR - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 6 de octubre de 2017

CONTINÚA ABERTO O PRAZO DO I PREMIO Á INNOVACIÓN FORESTAL APOIADO POLA XUNTA PARA IMPULSAR A COMPETITIVIDADE DO SECTOR





§  O galardón está dotado con 5.000 euros e o gañador accederá a un espazo coworking habilitado no marco dun acordo entre o Igape e a Zona Franca e poderá contar con financiamento de Xesgalicia
§  O prazo para a presentación de solicitudes remata o próximo 16 de outubro

A Xunta informa de que ata o vindeiro 16 de outubro continúa aberto o prazo para participar no I Premio ao Proxecto Innovador Forestal, que apoia a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Igape co obxectivo de potenciar a capacidade innovadora deste sector en Galicia.

O premio está dotado con 5.000 euros, e o gañador poderá acceder a un espazo coworking en Porto do Molle (Nigrán), no marco da colaboración aberta entre Xunta e o Consorcio da Zona Franca. Tamén poderá obter financiamento de Xesgalicia. O certame contempla, ademais, un accésit de 2.000 euros para o segundo mellor proxecto.

O prazo para a presentación de candidatos, persoas físicas ou xurídicas con proxectos innovadores no sector forestal -sexa en procesos, produtos ou servizos- rematará o próximo 16 de outubro e as propostas que se presenten deberán mostrar unha achega de innovación e impacto medibles en termos da súa creación de valor e sustentabilidade. Os interesados poden consultar as bases completas na web da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía.

Coa convocatoria deste galardón búscase animar aos futuros emprendedores que están formándose en escolas de enxeñería forestal ou en ciclos de Formación Profesional para que desenvolvan novos modelos de xestión, produtos ou servizos innovadores e sustentables neste sector que está integrado
por unhas 3.000 empresas que empregan, de xeito directo ou indirecto, a máis de 80.000 persoas, e facturan arredor de 2.000 millóns de euros. O sector forestal está apostando pola innovación e a Industria 4.0, a través de proxectos colectivos coordinados polo clúster sectorial e apoiándose no centro tecnolóxico CIS Madeira, traballo que está sendo impulsado desde a Xunta de Galicia, que proximamente contará coa Axencia Galega da Industria Forestal como novo instrumento para incrementar a súa competitividade.

A convocatoria deste premio á innovación empresarial ten a súa orixe na Mesa Forestal promovida pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, e da que forman parte o Igape, a Escola de Enxeñería Forestal, a Escola de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, o Clúster da Madeira e o Deseño, a Asociación Sectorial Forestal Galega e a compañía Ence.

No hay comentarios:

Publicar un comentario