Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 4 de noviembre de 2017

A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE APOSTA POLA MELLORA E A CALIDADE NO SERVIZO AOS CIDADÁNS MEDIANTE A RENOVACIÓN DE DÚAS UNIDADES MÓBILES





§  O pasado venres o Diario Oficial de Galicia recolle o concurso público que permitirá a renovación da flota de vehículos de ADOS e que ten unha partida orzamentaria de 599.918 euros

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) anuncia a próxima posta en servizo de dúas novas unidades móbiles destinadas a facilitar o acceso dos cidadáns ao solidario xesto da doazón de sangue. Estas novas unidades móbiles permitiran a modernización da actual flota de vehículos de ADOS, que conta con dez unidades móbiles en actividade que permiten o acceso dos cidadáns a este xesto solidario.

O Diario Oficial de Galicia do pasado venres 20 de outubro recolle o anuncio polo cal se convoca o concurso público para a subministración dos dous novos vehículos, cunha partida orzamentaria de 599.918 euros.

O prazo de execución do concurso está establecido en seis meses dende a sinatura do contrato, polo que ADOS estima que a posta en funcionamento das novas unidades móbiles terá lugar ao longo do vindeiro ano 2018.

Autonomía e comodidade
Os novos vehículos disporán de subministro eléctrico autónomo e sistema de climatización, así como a máis moderna tecnoloxía que garanta a máxima seguridade e confort para que os cidadáns podan realizar a súa doazón de sangue.

Así mesmo, as unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, cunhas dimensións de 12,2 metros de lonxitude e 3,4 metros de altura, estarán divididas en tres espazos: un área de recoñecemento medico, unha sala de doazón con capacidade para seis padiolas e un área de refrixerio.

A Consellería de Sanidade e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue salientan a importancia da mellora na prestación do servizo aos cidadáns mediante a contratación destas novas unidades móbiles, lembrando que, na actualidade, case o 85% das máis de 111.000 doazóns de sangue que se recollen anualmente en Galicia, rexístranse nestes vehículos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario