Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 3 de noviembre de 2017

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA AVANZA NAS CONCLUSIÓNS DAS LIÑAS DE ESTRATEXIA DO PLAN DE TURISMO






Preto dun centenar de persoas participaron nas catro mesas de traballo para analizar produtos afines e delimitar as accións de futuro


Preto dun centenar  de persoas participaron nas catro mesas de estratexia definidas na elaboración do Plan Estratéxico de Turismo da provincia de Pontevedra 2017-2020 que está a elaborar a Deputación de Pontevedra.

Estas catro mesas, celebradas ao longo do mes de outubro, dividiron a provincia en catro zonas,  costa e interior Norte e Sur. Nestas mesas participaron os representantes dos concellos de Cambados, Baiona, Barro, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Forcarei, Illa de Arousa, Meaño, Mondariz-Balneario, O Grove, O Rosal, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Sanxenxo, Tomiño, Tui e Vilagarcía. Ademais, participaron representantes de asociacións turísticas  e empresariais, fundacións, aloxamentos turísticos, clubs náuticos, empresas de turismo náutico e turismo activo,  centros de formación profesional de hostalería e turismo, museos, representantes de Festas de Interese Turístico e do Clúster de Turismo de Galicia.

Nas mesas explicouse que os retos aos que debe responder o Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Pontevedra 2017-2020 son aposta por un destino sustentable social, económica e ambientalmente; o posicionamento do destino segundo os valores que se queren transmitir: sustentabilidade, autenticidade, excelencia, atemporalidade e internacionalidade; o compromiso coa excelencia tanto do destino como do sector turístico implicado no territorio, apostando pola calidade e pola innovación turística, e a implantación dunha xestión intelixente do destino, compartida e eficiente entre os diferentes axentes con competencias turísticas do territorio.

En cada unha das mesas e cos seus participantes, e asesorados por persoal experto en turismo, realizouse unha dinámica de traballo en grupos. Cada un dos grupos traballou unha serie de produtos afíns á entidade á que representaba, coa finalidade de propoñer accións para levar a cabo nos diferentes plans de produtos que vai recoller o Plan Estratéxico. En liñas xerais, tratáronse cuestións relacionadas coa cooperación e colaboración a tres niveles, o público; o privado-público e o privado, onde os asistentes propuxeron fórmulas de colaboración para implementar no destino. Tamén se trataron cuestións de posta en valor dos recursos turísticos cos que conta a provincia, que plans de produto van crear cunha visión de alcance dun destino turístico sustentable e unha aposta clara polo equilibrio territorial.

Así mesmo, reflectiuse que é importante especializar ao sector privado para ofrecer unha boa acollida do turista, coñecendo ben as súas expectativas e necesidades. Tamén quedou constancia da necesidade de especialización do destino turístico, competitivo e excelente. Por último, traballouse en cales deben ser as canles de promoción para a difusión do destino e da oferta turística, así como a que público obxectivo débese enfocar o Plan.

Agora, e tras esta fase de traballo, queda pendente a incorporación das conclusións as liñas estratéxicas e a elaboración do plan de financiación para a implementación das medidas, a delimitación do control da posta en marcha e o plan propio de comunicación para concluír os traballos do plan estratéxico.     

No hay comentarios:

Publicar un comentario