Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 20 de noviembre de 2017

CORES TOURÍS RECORDA QUE SEGUE ABERTA A MATRÍCULA DE DOUS CURSOS DE ACCESIBILIDADE TURÍSTICA QUE SE IMPARTIRÁN NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN PONTEVEDRA





  O delegado territorial en Pontevedra destacou que se celebrarán o 27 e 28 de novembro e centraranse en normativa da accesibilidade e atención ao cliente con discapacidade

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recordou que continúa aberta a matrícula para dous cursos centrados en accesibilidade turística que serán impartidos pola Axencia Galega de Turismo no edificio administrativo de Campolongo.

Trátase dos cursos ‘Normativa e avaliación da accesibilidade’ e ‘Turismo accesible e atención ao cliente con discapacidade e outras necesidades diversas’.

Deste xeito, tal e como explicou José Manuel Cores Tourís, Turismo de Galicia organiza en este mes de novembro na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra dous cursos para fomentar a accesibilidade turística na Comunidade galega destinados a profesionais de empresas turísticas e estudantes de titulacións relacionadas coa actividade turística e a hostalaría.
Este programa docente inclúe o desenvolvemento dos cursos Recursos públicos e privados que fomentan a accesibilidade turística, Normativa e avaliación da accesibilidade e Turismo accesible e atención ao cliente con discapacidade e outras necesidades diversas.
O curso Normativa e avaliación da accesibilidade impartirase o día 28, en Pontevedra,. O programa destinarase a ofrecer ferramentas para diagnosticar a accesibilidade dos establecementos turísticos, coñecer a normativa, así como as principais necesidades das persoas con discapacidade no ámbito turístico.
Previamente, o 27, en Pontevedra,  terá lugar o curso Turismo accesible e atención ao cliente con discapacidade e outras necesidades diversas. Neste caso, os obxectivos pasan por dar a coñecer as vantaxes económicas e sociais que o turismo accesible lle ofrece ao sector así como poñer en valor as necesidades que se deben cubrir para conseguir a plena integración das persoas con discapacidade no uso das infraestruturas e servizos turísticos. A inscrición online para todos os cursos está aberta na páxina web de Turismo de Galicia.
Esta iniciativa enmárcanse nas actividades previstas no Plan de accesibilidade turística de Galicia e do Camiño de Santiago, co que a Administración autonómica está a traballar para a consecución dun destino cada vez máis integrador e accesible. Este Plan é un compromiso plasmado na Estratexia do turismo de Galicia 2020, deseñada para acompañar o crecemento ordenado e planificado de viaxeiros coa vista posta no Xacobeo 2021 e alíñase, ademais, co Plan director e estratéxico do Camiño de Santiago.
Esta estratexia turística proporciona ao destino e ao sector galego o soporte e as ferramentas adecuadas para avanzar en cuestións de accesibilidade universal, entre as que se inclúe a formación do sector como unha das liñas de actuación.


SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA EN PONTEVEDRA

No hay comentarios:

Publicar un comentario