Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 21 de noviembre de 2017

ETHEL VÁZQUEZ CONVIDA AO CONXUNTO DA SOCIEDADE A IMPLICARSE PARA PROMOVER OS VALORES DO RESPECTO E A RESPONSABILIDADE AO VOLANTE E ESTENDER A CULTURA DA SEGURIDADE VIARIA



A  conselleira de Infraestruturas e Vivenda participou hoxe en Pontevedra no acto conmemorativo do Día mundial en lembranza das vítimas de accidentes de tráfico


§  Destaca o compromiso do Goberno galego de traballar para que as estradas sexan cada vez máis seguras con iniciativas como a estratexia de eliminación dos treitos de concentración de accidentes
§  Salienta a necesidade de formar aos máis cativos na seguridade viaria trasladando xa desde o entorno familiar os riscos que entraña a conduta irresponsable na estrada

 A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, fixo hoxe un chamamento ao conxunto da sociedade co fin de “implicarnos e traballar arreo para espertar e mover conciencias para potenciar valores como o respecto, a prudencia e a responsabilidade”, co obxectivo de facer extensiva a cultura da seguridade viaria.

A titular de Infraestruturas e Vivenda do Goberno galego participou hoxe en Pontevedra no acto conmemorativo do Día mundial en lembranza das vítimas de accidentes de tráfico, un evento no que lembrou que cada cidadán pode sumarse ao “compromiso pola vida e á loita para reducir a sinistralidade viaria”.

Ethel Vázquez remarcou a obriga das administracións públicas de liderar esta loita, poñendo todos os medios ao seu alcance para incrementar  a seguridade nas estradas e prestando especial atención aos usuarios máis vulnerables das mesmas, como son os peóns, os ciclistas, os motoristas ou os peregrinos, ademais dos nenos e maiores.

A conselleira puxo en valor o pleno compromiso do Goberno da Xunta con esta materia e asegurou que o seu departamento continuará traballando na mesma dirección de forma decidida. Entre as novas liñas de actuación, sinalou a estratexia para a eliminación de treitos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas.

Finalmente, Ethel Vázquez referiuse á necesidade de formar os máis cativos na seguridade viaria, transmitindo xa desde o entorno familiar os riscos que entraña unha conducta irresponsable na estrada. “Porque os nenos aprenden e imitan o que viven e o que ven. Collen como modelo os comportamentos dos adultos. E por iso é tan importante que nós, como nais, como pais, como familiares ou amigos deses nenos e mozos, sexamos un bo exemplo para eles”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario