Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 20 de diciembre de 2017

A CAMPAÑA “TI DÁS O TIPO” DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE E O PONTEVEDRA CF ACADA A PARTICIPACIÓN DE 122 CIDADÁNS








·         A entidade deportiva e ADOS desenvolveron iniciativas conxuntas destinadas a fomentar este xesto solidario e fomentar a súa participación

A campaña “Ti dás o tipo” desenvolvida a pasada semana polo Pontevedra CF e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) acadou a participación de 122 cidadáns, dos cales 11 eran persoas que doaban por vez primeira. Grazas a estas doazóns será posible levar a cabo, por exemplo, 61 intervencións cirúrxicas, realizar tres transplantes de fígado ou atender a 25 enfermos oncolóxicos.

ADOS quere por de manifesto o seu recoñecemento a todos os cidadáns que participaron a pasada semana nesta campaña e, moi especialmente, a todos os membros do Pontevedra CF (directiva, xogadores, corpo técnico, seareiros e seareiras...) polo seu compromiso con desenvolvemento de iniciativas destinadas a promover a doazón de sangue.

Promovendo a participación
Entre as iniciativas promovidas polo Pontevedra CF con ADOS, salientar que todas as persoas que acudiron a doar a pasada semana ata a  unidade móbil ou o local de doazón de ADOS en Pontevedra recibiron unha camiseta co lema “Ti dás o tipo” e o logotipo do Pontevedra CF, como agasallo pola súa colaboración.

Así mesmo, xogadores do Pontevedra CF e membros da directiva e do corpo técnico quixeron saudar persoalmente a todos os doadores e doadoras e animaron á súa afección a ser solidarios e solidarias e doar sangue durante esta campaña pero tamén en calquera dos 365 días do ano, dado que este xesto solidario é imprescindible para o axeitado desenvolvemento do labor asistencial dos nosos centros sanitarios.

Cidade solidaria
Desde ADOS, salientase o carácter solidario dos cidadáns de Pontevedra que, no pasado 2016, realizaron 3.770 doazóns, cifra que supuxo obter nunha taxa de 46 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, índice cinco puntos por riba da media galega. Non obstante, lembra que a doazón, esixe dun compromiso constante xa que, todos os días do ano, necesítanse entre 400 e 500 doazóns de sangue para cubrir as necesidades dos nosos hospitais.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere por de manifesto a importancia da colaboración de colectivos e institucións de todos os ámbitos para acadar unha conciencia solidaria proclive á doazón de sangue como, nesta ocasión, impulsou o Pontevedra CF, xa que poden unir os positivos valores do mundo do deporte á nosa mensaxe e transmitila con moita maior proximidade por ter un amplo calado social.


No hay comentarios:

Publicar un comentario