Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 30 de enero de 2018

A XUNTA DESTINA PRETO DE 2,9 MILLÓNS DE EUROS Á CONVOCATORIA DE AXUDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO PARA 2018





§  O prazo de presentación de solicitudes xa está aberto e continuará ata o 31 de outubro de 2018
§  As axudas poden chegar a 15.000 euros por vivenda
§  As axudas da ARI dos Camiños de Santiago, aplicables nos concellos de  Pontevedra, Vilaboa, Barro, Portas, Soutomaior, Caldas de Reis, Valga e Pontecesures

A Xunta de Galicia destinará preto de 2,9 millóns de euros ás axudas de rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas no marco da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, tal como dispón a Resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 24 de xaneiro.

Na área de Pontevedra pódense beneficiar destas axudas as vivendas emprazadas nas parroquias polas que transcorre o Camiño Portugués nos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Barro, Portas, Soutomaior, Caldas de Reis, Valga e Pontecesures.

Nas zonas de carácter rural o ámbito da área de rehabilitación comprende a totalidade da parroquia, de maneira que todas as vivendas da mesma que cumpran os requisitos poden beneficiarse das axudas establecidas. Nas zonas urbanas o ámbito da ARI restrínxese ao trazado do Camiño.

Esta ARI non inclúe as vivendas que estean emprazadas no ámbito doutras áreas de rehabilitación declaradas con anterioridade, como son as de Pontevedra.

Poderán beneficiarse destas axudas as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean emprazadas no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago e estean en posesión da correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo. Para acceder a estas axudas é necesario obter a cualificación provisional, que se solicita en calquera momento anterior ao remate das obras, e a cualificación definitiva, que se debe solicitar despois de rematar as obras. A cualificación provisional pódese solicitar inda que as obras estean xa comezadas, pero non poden estar rematadas.

O importe máximo da axuda será de 15.000 euros por vivenda, dos que 11.000 serán de financiamento estatal e non poderán superar máis do 35 por cento do orzamento e 4.000 de financiamento autonómico, co límite do 10 por cento do orzamento.

As axudas no marco desta área de rehabilitación integral poden destinarse a actuacións destinadas a adecuar a seguridade dos edificios e vivendas, protección fronte a auga e á humidade, garantir as condicións de salubridade das vivendas, adecuar as instalacións eléctricas, de augas ou de telecomunicacións á normativa vixente, reducir a demanda enerxética das vivendas e garantir a súa accesibilidade.

A área de rehabilitación dos Camiños de Santiago foi o 17 de decembro de 2010, e comprende 445 parroquias de 107 concellos das catro provincias galegas.

A de 2018 é a cuarta convocatoria de axudas da ARI dos concellos de Santiago. Ao abeiro das tres anteriores xa se rehabilitaron 275 vivendas, con axudas de máis de 1,6 millóns de euros.

Máis información: http://ari-igvs.xunta.gal


SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA  CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

No hay comentarios:

Publicar un comentario