Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 28 de enero de 2018

A XUNTA IMPULSA UNHA CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO NO ÁMBITO VECIÑAL







§  O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a presidenta do Observatorio de Violencia de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial, Ángeles Carmona, presentaron en Pontevedra esta campaña
§  Destacaron a importancia que poden ter os veciños e veciñas á hora de detectar estes casos e axudar ás vítimas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a presidenta do Observatorio de Violencia de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial, Ángeles Carmona, presentaron en Pontevedra unha campaña de prevención da violencia de xénero no ámbito veciñal, que a partir de agora se estenderá a toda Galicia.

No acto tamén participaron a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, a presidenta da Comisión de Igualdade da Asociación Española de Auditores Socio-Laborais, María Ángeles García, e a presidenta do Congreso, Ana Pastor.

O obxectivo desta iniciativa é chegar, directa ou indirectamente, a todas as asociacións de veciños de Galicia, en tanto constitúen o primeiro nivel de asociacionismo e coñecen de primeira man o seu contorno e os problemas que afectan aos seus veciños e veciñas. Deste xeito, poden xogar un papel vital á hora de axudar ás vítimas e detectar estas situacións.

Durante a campaña, a Xunta organizará xornadas en toda Galicia, ás que están convidados todos os representantes das asociacións veciñais. Nestas charlas, os participantes coñecerán pautas para previr e detectar casos de violencia de xénero. Ademais, entregaránselles trípticos con consellos sinxelos sobre as sinais dunha situación de violencia e como reaccionar ante ela.

Dáse así continuidade e compleméntase a liña de actuación posta en marcha o ano pasado coa sinatura dun convenio de colaboración cos administradores de fincas e os auditores socio-laborais para que prestaran o seu apoio para detectar as situacións de violencia de xénero nas comunidades de propietarios nas que estiveran presentes

A Xunta vén redobrando durante os últimos anos os seus esforzos na loita contra a violencia de xénero ano tras ano. O orzamento para a loita contra a violencia de xénero foi incrementándose cada ano, e para este 2018 é practicamente o dobre do que había hai 5 anos.

O obxectivo é seguir traballando en todas as frontes, como as axudas económicas ás vítimas de violencia, a atención médica e psicolóxica, a formación e o asesoramento legal e, por suposto, as campañas de sensibilización e concienciación en toda a sociedade.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario