Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 27 de enero de 2018

A XUNTA SUBVENCIONARÁ O 95 POR CENTO DO CUSTE DE REHABILITACIÓN DE INFRAVIVENDAS EN CONCELLOS DE MENOS DE 10.000 HABITANTES











§  A subvención poderá chegar ata 15.000 euros por cada inmoble
§  O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde pola que se establecen as bases do programa e se realiza a convocatoria para 2018
§  As axudas poden destinarse a infravivendas de propiedade privada ou a edificacións de titularidade municipal, pero deben ser solicitadas polos concellos en ambos casos

A Xunta de Galicia subvencionará ata o 95 por cento do custe de rehabilitación das infravivendas emprazadas en concellos de menos de 10.000 habitantes, tal como recolle a Orde que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) e pola que pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de infravivenda do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se convocan para o ano 2018.

A convocatoria para este ano inclúe unha partida presupostaria de 300.000 euros. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/D7HsNc.

Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes para que poidan axudar con carácter urxente ás unidades de convivencia que habiten, en condicións de propietarias, nunha vivenda que se encontre en mal estado de conservación e non dispoñan de recursos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade

As axudas, dirixidas aos concellos, serán aplicables á rehabilitación de:

·         Infravivendas de propiedade privada, sempre que o propietario sexa un dos integrantes da unidade familiar que habita na mesma e os ingresos familiares sexan inferiores a unha vez o Iprem.
·         Edificacións ou vivendas de propiedade municipal que se rehabiliten destinalas a solucionar os problemas de residencia de unidades de convivencia que cumpran os requisitos fixados nesta orde.

Estas actuacións poden incluír os elementos exteriores, as condicións estruturais e de seguranza, a habitabilidade e/ou a accesibilidade da edificación ou da vivenda. Entre as condicións de habitabilidade poderanse contemplar a execución de medidas que eviten a entrada no edificio do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.

O importe da axuda para cada infravivenda será do 95 por cento do custe da rehabilitación, cun límite máximo de 15.000 euros por vivenda. O ente municipal xestionará a achega do 5 por cento restante.

Serán os concellos os encargados da presentación das solicitudes de axudas. O prazo ábrese mañá e continuará aberto ata o 1 de xuño de 2018 ou ata o esgotamento do crédito orzamentario.


No hay comentarios:

Publicar un comentario