Miguel Maquieira, presidente da Comunidade de Curro, ¿ Alcalde de Barro ? - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 20 de enero de 2018

Miguel Maquieira, presidente da Comunidade de Curro, ¿ Alcalde de Barro ?



Un novo posible movemento de tableiro de xadrez volve a ocorrer no PP en relación ás eleccións do 2019. 

Volve a figura de Miguel Maquieira, actual presidente da Comunidade de Montes de Curro a soar nos mentideiros políticos en relación ao PP.

A súa boa relación política co Delegado Territorial da Xunta, Cores Tourís, volve a situalo no mapa político, no que xa estivo como alternativa e soou fortemente para candidato á alcaldía nas eleccións locais do ano 2007.

Daquela o entonces alcalde José Antonio Landín Eirín (PP) freou unha posible incursión de Maquieira, que viña avalada polo entón alcalde de Portas Roberto Vázquez, como figura de renovación.

A operación foi abortada internamente despois de sopesar a negativa de Landín, que inicialmente mostrara a idea de abandoar a política municipal, e a súa posible marcha como independente diante de Maquiera, polo enfrontamento que mantiveron durante anos pola expropiación do polígono de Curro, terminou por facer que Landín continuase como candidato e renovase como alcalde.

Fontes cercanas á dirección do PP están estudiando esta e outras alternativas, polas mostras iniciais de Landín Eirín a abandoar a primeira línea da política local, se ben, a nivel local e entre a sociedade dase por seguro que Landín volverá a encabezar a lista local.

1 comentario:

  1. Stuve el mes pasado en Barro, visitando la Iglesia de San Veríssimo, donde fue bautizado Juan Maquieira, antepasado de mi esposa. Juan es considerado uno de los fundadores de la ciudad de Mar de España, situada en Minas Gerais, aquí en Brasil. Se casó en 18.9.1769 y falleció en 7.6.1789 aquí en Barbacena, en Brasil. Era hijo de Lorenzo Maquieira y Bernarda de Castro. Me gustaría poder localizar su bautismo. ¿Sería posible?

    ResponderEliminar