Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 21 de febrero de 2018

A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE CONVIDA AOS ESTUDANTES UNIVERSITARIOS A PARTICIPAR NO CONCURSO DE CURTAMETRAXES SOBRE DOAZÓN E TRANSPLANTE DE MEDULA ÓSEA







·         Nesta terceira edición do certame poden concorrer alumnos e alumnas de calquera centro docente dos sete campus galegos

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) quere convidar a todos os alumnos e alumnas de ensino universitario de Galicia a tomar parte no III Concurso Universitario de Curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea.

As bases da convocatoria deste certame, que ten como obxectivo promover a sensibilización social de maneira responsable sobre a doazón de medula ósea como un acto voluntario e altruísta, poden descargarse no seguinte enlace da páxina web de ADOS:


Participantes
Na terceira edición do concurso de curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea, poden participar estudantes de calquera dos centros docentes dos sete campus galegos que presenten os seus traballos ata o 30 de xuño do 2018.

Poderán tomar parte os estudantes de xeito individual ou en grupo, cun máximo de cinco autores por cada un dos traballos presentados e cunha duración máxima de tres minutos. Así mesmo, as curtametraxes, que deberán ser orixinais e inéditas, poden ser mudas ou sonoras, en galego normativo e a técnica é libre, podendo gravarse en calquera dispositivo, mesmo teléfonos móbiles.

Na primeira edición deste certame resultou gañadora a curta “As almas xemelgas existen” e na segunda, o traballo “Regala tempo”. Ambas curtas foron elaboradas por estudantes da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e  atopanse colgadas na canle de YouTube da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue: https://www.youtube.com/channel/UCL2vp0q1nmFBV9zsQacs4oQ

ADOS quere animar a que tomen parte nesta iniciativa todos os estudantes galegos, xa que promove unha actitude solidaria e favorable ao xeneroso xesto da doazón entre os nosos xoves, permitíndolles coñecer, de primeira man, unha parte fundamental do noso sistema sociosanitario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario