Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 22 de febrero de 2018

ADOS PRINCIPIA A SEGUNDA FASE DA CAMPAÑA ESPECIAL NA UNIVERSIDADE CO OBXECTIVO DE SUPERAR AS 4.615 DOAZÓNS DO PASADO CURSO ACADÉMICO







·         No transcurso da primeira fase participaron 2.306 membros da comunidade universitaria, dos cales 842 doaban sangue por vez primeira

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) principia a segunda fase da campaña especial de doazón de sangue na Universidade, marcándose como obxectivo superar ás 4.615 doazóns recollidas no pasado ano académico.

No transcurso da primeira fase da campaña na Universidade do curso 2017-2018, rexistrouse a participación de 2.306 membros da comunidade universitaria. Especialmente salientable resulta a participación de 842 cidadáns que doaron sangue por vez primeira, cifra que representa o 37% do total de doazóns rexistradas.

Importante participación
ADOS lembra a importancia que ten o desenvolvemento das campañas de doazón no eido educativo, tanto en centros de educación non universitaria como universitaria xa que, para moitos xoves, é o primeiro contacto que teñen co solidario xesto da doazón de sangue. Neste sentido, salientar que as unidades móbiles de ADOS visitaron 81 centros universitarios e 92 centros docentes non universitarios no pasado ano 2017.

Esta iniciativa, que se prolongará ata o vindeiro mes de maio, é posible grazas á colaboración que brindan os reitores das tres universidades, así como os decanos e directores de todos os centros educativos, así como todos os membros da comunidade universitaria (PAS, alumnos e alumnas....)

Nas xornadas previas ao desenvolvemento da cada campaña, impartiranse charlas didácticas e distribuirase material informativo cos requisitos precisos para doar e da data e lugares onde podemos participar.

ADOS quere  reiterar o agradecemento a todos os membros da comunidade universitaria a súa colaboración, ao tempo que reitera o seu compromiso co labor educativo e de sensibilización que se levan a cabo nas Universidades. Neste sentido, lembrar que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desenvolve outras iniciativas como a realización de visitas formativas por parte dos centros universitarios ata as instalacións de ADOS, colaboración con distintos colectivos e asociacións universitarias (como a presenza en iniciativas como o Congreso de Estudantes de Medicina promovido a pasada primavera por UsCience) ou a realización o pasado curso académico do primeiro proxecto dunha innovadora iniciativa de Aprendizaxe e Servizo levada a cabo coa Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario