Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 3 de febrero de 2018

UN TOTAL DE 212 CENTROS PÚBLICOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DESENVOLVERÁN ESTE CURSO A INICIATIVA DE CONTRATOS-PROGRAMA IMPULSADA POR EDUCACIÓN




§  O número de centros participantes increméntase nun 12% con respecto ao curso anterior
§  As actuacións de mellora das competencias clave, o programa de Reforzo, orientación e apoio fóra do horario lectivo, e a mellora da convivencia nos centros son as liñas máis demandadas
§  Esta iniciativa é un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan aplicar un plan de mellora específica en función das necesidades detectadas entre o seu alumnado

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2018.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución definitiva dos contratos-programa (que se pode consultar no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24131) para o curso 2017/18, unha vez os centros analizaron nos primeiros meses de curso as necesidades do seu alumnado. Un total de 212 centros públicos da provincia de Pontevedra beneficiaranse desta iniciativa, que ten como obxectivos promover a excelencia educativa e loitar contra o abandono escolar, un 12% máis ca no curso anterior. En total poranse en marcha 575 iniciativas diferentes que se corresponden con algunha das sete liñas de actuación que abrangue esta iniciativa.

Instrumento de apoio aos centros
Os contratos programa arrancaron hai seis anos como instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan levar a cabo un plan de mellora específico en función das necesidades detectadas entre o seu alumnado. Na convocatoria deste ano incorporouse unha nova liña de actuación (a sétima) exclusiva para o alumnado de 3º e 4º de ESO e de FP Básica que presenta baixos resultados académicos co fin de reforzar, preferentemente, as competencias matemática, lingüística e en ciencia e tecnoloxía.

A súa finalidade última é acadar unha mellora da calidade do ensino para reducir a porcentaxe de alumnado con baixo rendemento. Para iso, cada centro docente analiza as súas eivas e fortalezas e propón á Administración educativa a sinatura dun documento, ‘o contrato-programa’, no que se propoñen actuacións para a mellora do alumnado. Deste xeito, a actuación funciona como un exercicio de autonomía dos centros, posibilitando que deseñen os seus propios plans de mellora en base ás súas necesidades particulares.

Polo tanto, a iniciativa permite visibilizar e poñer en valor o esforzo e o investimento, tanto do centro como da Administración educativa, para o éxito escolar, facendo partícipe ao profesorado mediante o recoñecemento do seu labor.

Os centros participantes na provincia son os seguintes:


*
1. Reforzo, orientación e apoio.PROA (Acompañamento escolar fóra do horario lectivo)
2a. Mellora das competencias clave. Competencia matemática
2b. Mellora das competencias clave. Competencia en comunicación lingüística
2c. Mellora das competencias clave. Competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
3. Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros
4. Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar
5. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia
6. Mellora da calidade na xestión dos centros
7. Reforzo de competencias clave en 3º e 4º de ESO e FP Básica. (Acompañamento escolar fóra do horario lectivo)

Liñas de actuación
A liña de actuación número 1(programa PROA) destínase ao reforzo, orientación e apoio do alumnado que presente dificultades de aprendizaxe. Un total de 162 centros docentes desenvolverán esta primeira liña, para o que contarán cun total de 111 docentes de apoio contratados a maiores pola Consellería para tal fin. A liña número 2, a referida á mellora das competencias clave, será desenvolvida por 174 centros participantes.

No caso da terceira liña, que se centra na mellora da convivencia e promoción da igualdade, contará coa participación de 105 centros; e na liña 4, dirixida á prevención do abandono escolar temperán e do absentismo escolar, participarán 11 centros.

Nas liñas 5 e 6, dirixidas á mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia e á mellora da calidade na xestión dos centros, participarán 78 e 25 centros educativos públicos, respectivamente. Na liña 7 (de nova incorporación), de Reforzo de competencias clave en 3º e 4º de ESO e FP Básica participarán 20 centros escolares, e destínanse 12 docentes externos a maiores.

 




Centros seleccionados
Actuacións concedidas
Código centro
Nome do centro
Provincia
Concello
Act 1
Act 2A
Act 2B
Act 2C
Act 3
Act 4
Act 5
Act 6
Act 7
 
36020234
IES de Barro
Pontevedra
Barro
X









Conxunto de Galicia
No conxunto de Galicia beneficiaranse desta iniciativa un total de 139.999 alumnos (o que representa un incremento do 34% con respecto ao ano curso pasado) de 473 centros escolares (un 14% máis que o exercicio anterior), que desenvolverán un total de 1251 iniciativas diferentes das nove liñas establecidas.

A Consellería destina a estes contratos-programa un total de 4.259.840 euros, o que permite a contratación de 233 docentes externos de apoio adicionais (53 máis que o ano pasado) –para o desenvolvemento das liñas 1 (de Reforzo, orientación e apoio, coñecida como ‘PROA’) e 7 (Reforzo das competencias clave en 3º e 4º de ESO e FP Básica). Contando estes profesores de apoio adicionais e os implicados nos propios centros, neste curso participarán nos contratos-programa un total de 11.712 docentes, un 40% máis ca no 2016/17.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario