Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 22 de marzo de 2018

ABERTO O PRAZO PARA QUE OS GRUPOS MUSICAIS PROFESIONAIS SE INSCRIBAN NO MUSIGAL





Este programa, de nova creación, está destinado unicamente a grupos musicais profesionais con domicilio social en Pontevedra
O prazo de inscrición comeza hoxe e rematará o vindeiro 6 de abril
Tras a publicación onte no BOPPO das bases do programa Musigal, todos os grupos musicais profesionais con domicilio social en Pontevedra poden presentar xa as súas solicitudes de inscrición. Hai que lembrar que o Musigal, unha iniciativa de nova creación ao abeiro do Ano da Lingua, conta cunha dotación orzamentaria de medio millón de euros  e pretende promover que os concellos conten con apoios para contratar música profesional galega e en galego ao longo deste exercicio. O prazo para que os grupos se inscriban rematará o 6 de abril, mentres que o prazo para que os concellos soliciten actuacións rematará o 30 de abril.
Segundo as bases da convocatoria, poderán inscribirse no Musigal unicamente artistas e grupos musicais profesionais con domicilio social en Pontevedra, que aborden de xeito específico contidos sociolingüísticos e de dinamización da lingua galega e que nos seus concertos fagan música en galego ou, no caso de ser instrumentais, que as súas pezas sexan de autoría galega. As bases establecen, ademais, seis categorías: ‘Son muller’, na que poden inscribirse grupos nos que polo menos o 60% das persoas integrantes e a vocalista sexan mulleres; “Son crianza” para grupos con espectáculos dirixidos ao público infantil e familiar; “Son mocidade” para grupos nos que polo menos o 60% das persoas integrantes sexan menores de 35 anos; “Son tradición” para grupos de música tradicional galega; “Son clásico” para grupos de música clásica que teñan no seu repertorio composicións de autores galegos; e “Son actual” para grupos de pop, rock, hip hop e música electrónica.
Na documentación que os grupos deben achegar inclúense aspectos como a descrición do espectáculo, acreditando o emprego do galego como mínimo no 70% das obras musicais que se interpretan; as necesidades técnicas; e o importe do espectáculo, que será fixado libremente polos grupos e intérpretes, especificando que parte corresponde ao caché da actuación e cal ao custo do equipamento técnico.
Pola súa banda, os concellos  poderán solicitar as actuacións inscritas no Musigal antes do 30 de abril e poderán solicitar un máximo de 3 actuacións ao ano. Todas as actuacións concedidas serán cofinanciadas ente a Deputación e os concellos. O organismo provincial asumirá o caché do espectáculo do grupo ou artista, mentres que o concello aboará a produción da actuación: equipos de son, luz, escenario e demais medios necesarios para o desenvolvemento da actuación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario