Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 8 de marzo de 2018

ADOS E GADISA CONVOCAN O I CONCURSO DE CARTEIS PARA ESCOLARES RELACIONADO COA DOAZÓN E OS TRANSPLANTES



 




·         A empresa galega colabora no desenvolvemento deste certame que achega este xesto solidario ao alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria e primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria

 A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e GADISA convocan o I Concurso de Carteis para escolares relacionado coa doazón e os transplantes e no que poden tomar parte os estudantes de 5º e 6º cursos de Educación Primaria e Primeiro Ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria de todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

As bases da convocatoria deste certame, que ten como obxectivo promover a sensibilización social dos máis novos e novas en torno ao solidario xesto da doazón e a importancia dos transplantes, poden descargarse no seguinte enlace da páxina web de ADOS:


Participantes
Nesta primeira edición do Concurso de Carteis para escolares promovido por ADOS co apoio de GADISA , os participantes deben abordar a temática da doazón e os transplantes de órganos e tecidos nos seus traballos. O formato debe ser horizontal ou vertical coas medidas de Din A-3, podendo participar traballos presentados tanto en técnica plástica como en dixital, cun formato JPG dun peso máximo de 2MB. Ademais, todos os traballos deberán incluír unha frase ou lema en galego normativo relacionado co fomento da doazón e cada participante poderá presentar só un traballo.

O prazo de presentación das obras, que deben remitirse á Coordinación Autonómica de Transplantes de ADOS, conclúe o 24 de abril. Posteriormente, determinaranse un primeiro e un segundo premios para cada unha das dúas categorías de participación establecidas: unha para alumnos e alumnas de 5º e 6º cursos de educación primaria e outra para estudantes de primeiro ciclo de ESO.

ADOS quere amosar o seu recoñecemento a GADISA polo seu apoio a esta iniciativa que tenta fomentar unha conciencia social proclive á doazón e os transplantes de órganos entre os máis pequenos e pequenas. Ademais, tanto a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue coma GADISA queren animar a todos os escolares a que tomen parte nesta iniciativa, xa que promove unha actitude solidaria e permítelles achegarse a unha parte fundamental do noso sistema sociosanitario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario