Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 12 de abril de 2018

CASE UN CENTENAR DE AXENTES E TÉCNICOS DO OPERATIVO DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS PARTICIPARON EN PONTEVEDRA NUNHA XORNADA FORMATIVA SOBRE GRANDES LUMES





  • Os responsables do Servizo de Incendios da Xefatura Territorial de Medio Rural da Delegación da Xunta en Pontevedra felicitaron a este colectivo polo seu esforzo en materias coma o control das distancias das plantacións e as faixas de xestión da biomasa

Os responsables do Servizo de Incendios da Xefatura Territorial de medio Rural da Delegación da Xunta en Pontevedra destacaron esta mañá, ante case un centenar de axentes e técnicos do operativo de extinción, a importancia da súa formación continua co fin de procurar un Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais “cada vez máis profesional e dinámico”.

O xefe territorial de Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo, inaugurou hoxe a Xornada técnica sobre grandes lumes que se celebra na Delegación Territorial e na que participan case un centenar de axentes e técnicos do operativo de prevención e extinción de incendios.

O obxectivo desta xornada é aprender da nosa propia experiencia e detectar acertos e erros a diferentes niveis de coordinación experimentados durante a extinción de grandes incendios”, nos que se precisa dun ataque ampliado que con frecuencia integra a diferentes organizacións implicadas na seguridade cidadán.
Esta é unha das accións formativas programadas por Medio Rural para este colectivo, que se distribúen ao longo das catro provincias e os dezanove distritos nos que se estrutura o territorio forestal galego. Permitirá a execución dun documento de conclusións con medidas correctoras que poidan contribuír a unha mellor eficacia na extinción dos grandes lumes, que se fará chegar a todo o persoal implicado na loita contra os incendios forestais.

No caso concreto da provincia de Pontevedra, a xornada centrouse en aspectos coma os cambios de uso forestal a agrícola, os aproveitamentos no monte e na análise e estudo de  dous recentes casos de grandes lumes forestais (que afectaron máis de 500 hectáreas), como foron os acaecidos o pasado 16 de outubro nas Neves, en Ponteareas-Padróns ou en Nigrán, entre outros.   

Ademais, os responsables do Servizo de Incendios quixeron tamén destacar e agradecer  a implicación e profesionalidade dos técnicos e axentes na aplicación da normativa sobre aspectos como o cumprimento das distancias das plantacións e as faixas de xestión da biomasa, algo fundamental no eido da prevención de incendios nos montes.  
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario