Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 25 de mayo de 2018

A DEPUTACION DESTINA MÁIS DE 370.000 EUROS PARA QUE 41 CONCELLOS DA PROVINCIA POIDAN PRESTAR AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA





A  Deputación destacou que “as achegas, destinadas aos concellos de menos de 20.000 habitantes, teñen por obxectivo atender ás demandas de urxente e puntual necesidade da veciñanza en situación ou risco de exclusión social”

A Xunta de Goberno da institución provincial vén de aprobar a primeira relación de axudas básicas de emerxencia para este ano 2018 por valor de 372.500 euros. En total, benefícianse desta iniciativa 41 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes que poderán prestar apoio económico ás veciñas e veciños que se atopen en situación ou risco de exclusión social, con especial atención ás persoas con menores ao seu cargo.

A Deputación destacou que no marco destas achegas enmárcanse axudas “que poden ser de diferentes tipoloxías, desde alimentación, ata vivenda, pagamento de recibos, de produtos de hixiene e limpeza, desprazamentos, lentes e audiófonos ou de produtos farmacéuticos; adquisición de electrodomésticos básicos; gastos derivados de tratamentos de odontoloxía ou produtos de apoio ou destinadas á infancia”. Neste contexto, Carmela Silva subliñou a importancia destas achegas pola súa contribución a garantir as necesidades básicas de familias en situación ou risco de exclusión social.

Máis polo miúdo benefícianse da iniciativa os concellos da Cañiza, A Guarda, A Lama, Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Cambados, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, Meaño, Meis, Moraña, Mos, Nigrán, O Grove, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Valga, Vilaboa, Vilanova de Arousa.

O ano pasado, as axudas básicas de emerxencia que destinou a Deputación de Pontevedra aos concellos deron cobertura ás necesidades básicas de 1.820 familias das que 1.573 tiñan menores ao seu cargo, 1.114 tiñan ambos proxenitores en situación de desemprego, 320 eran familias monoparentais, 43 eran usuarias do Servizo de educación e apoio familiar , 45 eran persoas usuarias do Servizo de axuda no fogar e 9 eran vítimas de violencia machista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario