Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 19 de mayo de 2018

A Deputación Provincial de Pontevedra informa da posta en marcha do proxecto DEPOVERDE dentro do programa Empleaverde.





O Programa Empleaverde do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente é a iniciativa da Fundación Biodiversidade para o impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente. Está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020.

O proxecto DEPOVERDE ten como obxectivo xeral impulsar as producións hortofrutícolas e apícolas de calidade en espazos protexidos e mellorar a empregabilidade das e dos habitantes das zonas Rede Natura da provincia de Pontevedra e da Comunidade Autónoma de Andalucía.
Estes espazos albergan non só un patrimonio natural senón que, ademais, asociado á súa poboación residente, recollen un conxunto de valores culturais e tradicionais que son igualmente demandados polas e polos consumidores dos diferentes produtos e servizos xerados nestas zonas.

O proxecto consta das seguintes accións:
1. Hortofruticultura sustentable - formación presencial (30 horas)
2. Apicultura sustentable - formación presencial (30 horas)
3. Hortofruticultura sustentable - formación a distancia (50 horas)
4. Apicultura sustentable - formación a distancia (50 horas)
As accións, destinadas a persoas desempregadas, están encamiñadas á formación do alumnado en materia de hortofruticultura  e produción apícola sustentable, sumando valor engadido á actividade agroalimentaria e fomentando o emprego neste tipo de agricultura sustentable co ambiente.

TODAS as ACCIÓNS SON GRATUÍTAS.
Para máis información habilítanse os seguintes datos de contacto:
Contacto: depoverde@depo.es
Teléfono: 886 210 725

No hay comentarios:

Publicar un comentario