Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 16 de mayo de 2018

O LUNS COMENZAN EN VIGO E PONTEVEDRA OS NOVOS CURSOS DE ESPAÑOL PARA PERSOAS INMIGRANTES ORGANIZADOS POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA




Nesta segunda edición, a Deputación organiza tres cursos gratuítos para preparar ás persoas inmigrantes para a obtención do Diploma de Español como Lingua Estranxeira

Recibíronse case un centenar de solicitudes de persoas de 15 nacionalidades. Os resultados do pasado ano foron moi positivos, o 80,64% do alumnado superou a proba DELE

A segunda edición dos cursos de español para persoas inmigrantes que organiza a Deputación de Pontevedra comezarán este luns 21 de maio no edificio administrativo da Deputación e na sede da institución provincial en Vigo. Estes cursos, gratuítos, están destinados a persoas inmigrantes en situación administrativa regular, maiores de 16 anos, que precisen  preparar o exame do DELE A2 para a obtención da nacionalidade española.

En Pontevedra as clases comezarán este luns ás 09.30h e alongaranse ata o 5 de xuño. Este curso, cuxo horario será de 09.30h a 12.30h, contará con dous días de repaso os días 10 e 11 de setembro. Pola súa banda, en Vigo, as clases serán de 16.00h a 19.00h e tamén contarán con dúas xornadas de repaso os mesmos días de setembro. O terceiro e último curso desta segunda edición terá lugar entre o 17 de setembro e o 2 de outubro na sede de Vigo da Deputación de Pontevedra.

Estes cursos están orientados á obtención do nivel A2 de español no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER) expedido polo Instituto Cervantes, requisito necesario para a adquisición da nacionalidade española. Para obtelo é necesario superar unha proba que precisa dunha preparación previa, cun custo económico, que dificulta o acceso á nacionalidade española para un determinado sector da poboación, impedíndolle o seu proceso de integración na provincia e favorecendo procesos de exclusión social.



Os cursos que promove a Deputación pretenden impedir esta situación e facilitar que todas as persoas inmigrantes teñan a posibilidade de acceder á preparación do DELE. Son integramente subvencionados pola Deputación, incluíndo o custe de matrícula, e serán impartidos por persoal docente do Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo.

En xeral, mediante esta formación prepararase ás persoas inmigrante para poder realizar probas de compresión de lectura, de comprensión auditiva, de expresión e interacción escrita e oral. Os resultados dos exames realizados ata o momento foron moi positivos resultando que o 80,64% do alumnado superou a proba DELE (Diploma de Español como Lingua Estranxeira), do nivel A2, podendo deste modo solicitar a nacionalidade española.

Para os tres cursos desta segunda edición, que ofertaba 60 prazas, recibíronse case un centenar de solicitudes de 15 nacionalidades diferentes: Marrocos, Ghana, Nixeria, Senegal, Ucraína, Siria, Brasil, Paquistán, Rusia, Georgia, Hungría, Kenia, Mali, Angola e Costa de Marfil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario