Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 21 de junio de 2018

A XUNTA CHAMA AOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA A IMPLICARSE NA ELABORACIÓN DUN PLAN DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA ADAPTADO ÁS NECESIDADES REAIS DOS VECIÑOS




A Consellería de Infraestruturas e Vivenda rematou hoxe en Pontevedra e Vigo a ronda de reunións celebradas esta semana nas catro provincias para anunciar o inicio do traballo de campo

§  Ethel Vázquez avanza xuntanzas concello a concello co obxectivo deacadar uns servizos de autobús que respondan ao que realmente necesitan os veciños
§  Naª fase do Plan de transporte multiplicouse por 5 o número de paradas na provincia, poñendo en marcha 73 liñas de transporte baixo demanda e 107 liñas de autobús compartido que utilizaron máis de 3.000 usuarios non escolares cada mes
§  Explica que na 2ª fase do Plan incluirase as 335 liñas interurbanas que prestan servizo nos 61 municipios da provincia
§  Detalla os pasos que está a dar o Goberno galego, desde que no mes de maio someteu a información pública o documento base do Plan

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, convidou hoxe aos concellos da provincia de Pontevedra a súa colaboración activa na elaboración do Plan de Transporte Público de Galicia, para a súa adaptación ás necesidades reais de mobilidade dos veciños.

Vázquez Mourelle, acompañada polo delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, e do director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, informou en Pontevedra sobre a xuntanza cos representantes municipais da provincia, para abordar o proceso a seguir para a transformación do transporte público da Galicia.Posteriorment, celebrouse en Vigo un encontro similar cos concellos desta área, no que participou Ignacio Maestro xunto co delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.

A titular de Infraestruturas subliñou que este encontros de hoxe marcan o remate das rondas que tamén se celebraron esta semana nas vilas de A Coruña, Lugo e Ourense, para de seguido iniciar o traballo de campo con xuntanzas concello a concello. Engadiu que o obxectivo desta primeira ronda de contactos é obter a máxima implicación e colaboración das Administracións locais e provincial para renovar e modernizar as liñas de transporte por estrada de toda Galicia, como administracións máis próximas aos cidadáns.

A conselleira manifestou o interese da Xunta por coñecer as súas prioridades e propostas, e tratar de xeito conxunto as melloras do transporte público na provincia de cara ao ano 2019, data de caducidade das actuais concesións.

En referencia ao traballo que está a realizar o seu departamento neste ámbito,  lembrou o camiño iniciado en agosto de 2017 coa posta en marcha da 1ª fase do Plan de transporte público, que na provincia de Pontevedra abrangueu 166 liñas e 55 concellos, e que permitiu acadar o obxectivo prioritario de que os veciños non estivesen un só día sen transporte. Tamén posibilitou ampliar e mellorar os servizos aos cidadáns, ofrecendo unha mellor cobertura territorial e tarifas máis económicas, en beneficio do peto da xente.

Neste senso, Ethel Vázquez salientou que na provincia de Pontevedra, a 1ª fase do Plan de transporte supuxo multiplicar por 5 o número de paradas, pasando de 519 a 2.472. E engadiu que permitiu poñer en marcha novas modalidades, como as 73 liñas de transporte baixo demanda e as 107 liñas de autobús compartido, que están sendo utilizadas por máis de 3.000 usuarios non escolares cada mes, e que teñen suposto grandes beneficios para os veciños do rural.

Destacou que agora na 2ª fase do Plan incluiranse a totalidade dos municipios e das liñas de transporte da provincia, 355 liñas de interurbanas que prestan servizo nos 61 municipios, e expresou a súa a confianza de que estes encontros sexan útiles e frutíferos de cara a  potenciar a rede de transporte público, ofrecer máis e mellores servizos e facilitar a mobilidade da xente.

A conselleira tamén repasou os pasos que está a dar o Goberno galego, desde que no mes de maio someteu a información pública o documento base do Plan de Transporte Público de Galicia.

Dixo que agora a Xunta continua o proceso de consultas e o traballo de campo, e celebrará reunións individuais con cada un dos 313 concellos de Galicia. Tamén está prevista a realización de enquisas en centros sanitarios, educativos, administrativos e parques empresariais, ademais de estacións e paradas de buses, para coñecer as demandas existentes.

Ethel Vázquez concluíu referindo que nos vindeiros meses se seguirá co proceso de escoita activa e participación continuada, para mellorar os servizos e para que Galicia teña en 2019 un transporte público que responda con eficacia ás demandas da Galicia do Século XXI.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario