Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 20 de junio de 2018

AREEIRO ADVIRTE DA APARICIÓN DE OIDIO NA FOLLA DE ALBARIÑO PERO NON VE URXENTE TRATAR




O persoal técnico sinala que o risco de infección por Mildeu é baixo nas viñas protexidas e que xa é posible iniciar a poda en verde   

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de advertir no seu último aviso fitosanitario da aparición dos primeiros síntomas de Oidio en follas de Albariño tanto en fincas de Areeiro e do Condado, así como noutras variedades de tinta sensibles. Por outra parte, o persoal técnico destaca que o Mildeu parece controlado nas plantas tratadas e o risco de infección será baixo a vindeira semana polo tempo seco e soleado. Así mesmo, advirten de fallos no callado das uvas que poden confundirse co fungo.

Nesta semana atopáronse os primeiros síntomas do Oidio en folla de Albariño, mais eran moi puntuais e limitados poucas plantas por parcela, sendo a xeneralidade a ausencia de sintomatoloxía. Por este motivo, e pese a estar nun período de elevada sensibilidade ao fungo e a que as temperaturas elevadas tamén o favorecen, considérase que en xeral non é urxente tratar e que se pode agardar a renovar as intervencións fronte ao Mildeu para aplicar o tratamento fronte a este patóxeno. Se localmente se produciran néboas ou nebulosidade que provocara un filtrado da luz solar e/ou un incremento da humidade habería que elevar o nivel de atención e tratar se se detectan síntomas.

En canto ao Mildeu observáronse as primeiras manchas neoformadas afectando a follas da parte máis tenra dos gromos e acios afectados nalgunhas plantas testemuña de Albariño, pero non había síntoma algún nas plantas sometidas a tratamento. Para os próximos días, nos que se anuncia tempo seco e soleado, hai escaso risco de infección e non deberían aparecer novos síntomas nas viñas protexidas, pero dado que as viñas están nun período de elevada sensibilidade ao patóxeno hai que seguir mantendo a vixilancia. Hai que ter en conta que algúns viticultores veñen de confundir os fallos no callado do acio con síntomas desta alteración, mais non son tal.

Por outra parte, nas viñas con excesivo desenvolvemento da vexetación e nas que maioritariamente tivera finalizado a floración xa poden iniciar as labores de poda en verde, sobre todo considerando que nos próximos días é de esperar que aínda haxa maiores crecementos debido á humidade acumulada e ás temperaturas altas. Vólvese insistir na necesidade de manter a cuberta vexetal ben segada.

Finalmente, o aviso fitosanitario destaca que está a rematar o voo da primeira xeración de Lobesia botrana (ver curvas de voo, publicadas esta semana por primeira vez na campaña), e nas próximas xornadas espérase que comece o da segunda xeración.  Canto aos niños ou glomérulos, os niveis de presenza na xeneralidade das parcelas visitadas está entre o 8 e o 15% dos acios, hai unha viña do Rosal onde hai máis do 50%, e normalmente con máis de 3 niños por acio. Se ben é certo que os glomérulos son un síntoma máis alarmante que perigoso, nesta última finca si está xustificado neste momento un tratamento e máis nunha campaña como esta na que houbo un aclareo de grans producido polas choivas na floración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario