Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 7 de septiembre de 2018

O CONSELLO DA XUNTA AUTORIZA AS EXPROPIACIÓNS PARA A MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NO LUGAR DA DEVESA, EN PONTEVEDRA, MEDIANTE UN INVESTIMENTO AUTONÓMICO DE CASE 600.000 EUROS







  • A Consellería de Infraestruturas e Vivenda licitará nas vindeiras semanas as obras
  • Esta actuación supón darlle continuidade, conforme ao acordado cos veciños, á mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-231 iniciada no acceso ao polígonon de Sequeiros, no concello de Barro
  • O obxectivo principal deste proxecto é acadar a redución da velocidade de circulación para o que se define a execución dunha glorieta de 44 metros á saída do núcleo da Devesa
  • Na glorieta entroncarase un ramal de novo trazado, que se conectará co vial principal deste núcleo e que permitirá eliminar o carril central para realizar o xiro á esquerda da intersección do punto quilométrico 6+620
  • A Xunta analiza tamén a fórmula para mellorar a seguridade dos peóns que circulan  por esta estrada autonómica no entorno da Devesa
  • Con estas actuacións o Goberno galego segue a impulsar a mellora da seguridade viaria, que redundan na mellora da calidade de vida da cidadanía

O Consello da Xunta vén de autorizou hoxe o proxecto de decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto da segunda fase de acondicionamento e mellora da seguridade viaria da estrada autonómica PO-531 na Devesa, no concello de Pontevedra.
O orzamento estimado da actuación impulsada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, incluíndo as expropiacións das 52 fincas necesarias para a mellora desta estrada que comunica Pontevedra con Vilagarcía, entre os puntos quilométricos 6+500 e 7+250, ronda os 578.000 euros. E nas vindeiras semana está prevista a licitación do contrato das obras.
O proxecto aprobado hoxe avanza na mellora da seguridade da estrada PO-531 e atende á solicitude realizada por veciños e usuarios da contorna da mesma. Esta intervención e ademais a continuación das obras que o departamento de Infraestruturas da Xunta acometeu no 2017, de reordenación e mellora nesta estrada autonómica mediante a execución dunha glorieta no acceso ao polígono de Sequeiros (Concello de Barro)
O obxectivo principal deste proxecto é acadar a redución da velocidade de circulación e define a execución dunha glorieta de 44 metros de diámetro no punto quilométrico  7+150 da PO-531, situado á saída do núcleo da Devesa, coa que se reducirá de xeito significativo a elevada velocidade actual da circulación na contorna e se facilitarán os xiros en condicións seguras.
Na glorieta entroncarase un ramal de novo trazado, que se conectará co vial principal deste núcleo e que permitirá eliminar o carril central para realizar o xiro á esquerda da intersección do punto quilométrico 6+620. Unha actuación que se complementa coa rehabilitación do firme no tramo, a execución das obras necesarias para a drenaxe transversal e lonxitudinal, e a reposición da sinalización e das barreiras necesarias.

A Xunta analiza tamén a fórmula para mellorar a seguridade dos peóns que circulan  por esta estrada autonómica no entorno da Devesa

Con estas actuacións o Goberno galego segue a impulsar actuación de mellora da seguridade viaria, que redundan na mellora da calidade de vida da cidadanía.

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario