O viveiro de empresas de Barro ofrece novas accións formativas - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 13 de noviembre de 2018

O viveiro de empresas de Barro ofrece novas accións formativas


O viveiro de empresas de Barro acolle durante este mes de novembro catro accións formativas para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital. Deste xeito, SmartPeme oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.
A primeira cita será este martes, ás 18.00 horas, coa acción Introdución ao deseño 3D: FreeCAD III, debuxo 3D avanzado. A segunda, Introdución ao deseño 3D: FreeCAD IV, debuxo 3D avanzado impartirase o martes da seguinte semana, á mesma hora. As inscricións pódense facer chamando ao 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/comarca-de-pontevedra/viveiro-empresas-barro-ofrece-novas-accions-formativas/201811121738061008985.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario