Espazo Lecer para conciliar vida familiar e laboral en Barro - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 9 de julio de 2019

Espazo Lecer para conciliar vida familiar e laboral en Barro



As vacacións escolares xa están en marcha e os campamentos de verán tamén. No Concello de Barro, co obxectivo de facilitar a concicliación da vida familiar e laboral das familias, retoman o Espazo Lecer no que participarán 90 menores durante o mes de xullo e 60, en agosto.
O elevado nivel de participación confirma a boa acollida que está a ter este programa entre a poboación de Barro. As actividades da ludoteca estarán enfocadas a traballos e xogos para concienciar sobre igualdade de xénero e prevención da violencia.
O  Concello desenvolve esta iniciativa con fondos do departamento de Igualdade da Deputación de Pontevedra que complementa con fondos propios. O prezo de matrícula por neno e mes é de 30 euros, aínda que para aquelas familias que inscriben a dous irmáns a cota redúcese ata os 20 euros

https://pontevedraviva.com/xeral/55919/espazo-lecer-conciliar-vida-familiar-laboral-barro/?fbclid=IwAR3hOihbkz1LId0_p6i5z7k28PSOuiEznAH-a508ME9YO3Ky_4NvPjX0dL8

No hay comentarios:

Publicar un comentario